Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Lores aplica o Black Friday ao rural

     O portavoz popular, Jacobo Moreira, adiantou hoxe que o seu grupo votará en contra do documento “é un orzamento que fala do pasado, non do futuro de Pontevedra”, 

    • No documento orzamentario, a maioría das partidas para o rural sofren unha redución do 50% con respecto ao pasado orzamento.
    • Para os populares o borrador do orzamento para 2018 é un resumen dos compromisos incumpridos por Lores nos dous anos anteriores.
    • Lamentan que o BNG non inclúa no documento as prioridades dos veciños de Lepanto, Mollabao ou do barrio de A Seca, entre outros.

     

    Pontevedra 27, novembro, 2017.- O Grupo Popular anunciou o seu voto en contra do orzamento municipal para o vindeiro ano 2018. Así o adiantou este luns o seu portavoz, Jacobo Moreira, tras analizar detalladamente o borrador do documento entregado polo Goberno de Lores o pasado 16 de novembro. “Para o 2018 o BNG preséntanos os orzamentos de hai dous anos. Temos un Alcalde con jetlag pensando máis no pasado que no futuro de Pontevedra”, lamentou o portavoz dos populares.

    Jacobo Moreira destacou que “este documento non presenta ningunha partida para obras novas. Son proxectos xa existentes e presentados aos veciños, incluso en varias ocasións. O orzamento municipal para o 2018 é para facer as obras prometidas no 2016 e no 2017, que o BNG non levou a cabo”.

    Así, no borrador presentado aparecen 1,8 millóns de euros para tres casas de cultura (Os Campos, O Burgo e Estribela) prometidas varios anos atrás e con proxectos presentados oficialmente hai meses. Tamén volven a dotar partidas para os parques infantís porque nas cubertas da rúa 12 de novembro, Médico Ballina e no barrio de A Seca non fixeron nada. “Hoxe mesmo levan a Xunta de Goberno o parque infantil de Campolongo con máis dun ano de atraso. Foi anunciado en 2016 e se executará no 2018”, apuntou Jacobo Moreira.

    “Lores segue sen apostar polo transporte público. 2017, ano perdido”, destacou, tras comprobar que o transporte metropolitano volve figurar cunha partida no orzamento a pesar de que este ano non se fixo nada. O parque forestal de A Fracha tamén volve a aparecer pero nesta ocasión cunha partida inferior (de 525.000 euros a 300.000 euros). Ademais, Jacobo Moreira lembrou que “as dúas obras máis singulares que proxectan para este 2018, a rúa Cruz Vermella e a rúa Virxe do Camiño faranse cos cartos non utilizados do 2016”.

    “No orzamento, o BNG de Lores non ten en conta aínda certos proxectos que si son prioridade para os veciños de Pontevedra”, ironizou o portavoz dos populares para lembrar que no Orzamento municipal do vindeiro ano non figuran partidas para a reforma de Lepanto ou para o proxecto de Mollabao; tampouco para Campolongo Sur, Campo da Torre ou o barrio de A Seca, nin para as rúas Fernando Olmedo e Casimiro Gómez ou o segundo tramo de Loureiro Crespo, “a pesar de que Lores o anunciara publicamente hai un ano”. Tampouco aparece unha partida específica para a promoción da bicicleta como recomenda a Rede de Cidades pola Bicicleta á que se adheriu o noso Concello.

    O Black Friday de Lores ao rural.

    Jacobo Moreira destacou tamén os recortes orzamentarios que levará a cabo Lores e o seu Goberno cos cartos destinados ao rural. “Lores aplica o Black Friday”, ironizou tras citar as reducións nas partidas destinadas a accesibilidade no rural, rede de saneamento, alumeado público, investimentos en sendas e pontes ou nas instalacións deportivas. “A maioría destas partidas sufriron un tijeretazo dun 50%”, manifestou.

    Para os populares “a mostra que resume o que Lores quere para Pontevedra é ‘Saneamento: 250.000 euros – Composteiros 900.000 euros”. “Este último é un dos caprichos de Lores neste Orzamento que nos come máis de 2 millóns de euros xunto cos 1,2 millóns destinados a acondicionar o baixo provisional para dependencias municipais”, puntualizou Jacobo Moreira.

    Ao descoñecer aínda se Lores permitirá este ano que a oposición vote emendas, os populares aínda non valoraron se presentar emendas parciais ou á totalidade. Con todo, “sabemos que isto a Lores non lle preocupa demasiado posto que a Marea de Podemos, dende Santiago, xa  lle puxo a alfombra ao BNG para aprobar o orzamento”, sentenciou.