Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP esixe a inclusión dunha partida específica para a reforma integral de Mollabao

     Os representantes da plataforma ‘Mollabao Si’ trasládanlle a Jacobo Moreira o seu malestar pola ausencia dun compromiso firme por parte do Goberno de Lores,

    • Jacobo Moreira non se conforma con meros parches, “non é suficiente con arranxar beirarrúas, ten que haber un compromiso firme con orzamento consignado”.
    • Os populares insisten en que este orzamento non reflicte as prioridades dos veciños de Pontevedra. “Temos un orzamento ancorado no pasado, nos proxectos que Lores prometeu durante os últimos dous anos e que aínda non cumpriu”.

     

    Pontevedra 28, novembro, 2017.- A formación que encabeza Jacobo Moreira esixirá a consignación dunha partida específica no orzamento municipal do 2018 que permita levar a cabo a reforma integral de Mollabao. “Non nos conformamos con meros parches. As melloras no barrio anunciadas nos últimos días polo Goberno de Lores non son o compromiso que acadaron cos veciños”, destacou hoxe o portavoz popular tras reunirse cos representantes da plataforma ‘Mollabao Si’.

    A través dunha moción que presentarán en Pleno, os populares esixen ao Goberno do BNG que impulse o proxecto que lle presentaron aos veciños o pasado mes de xullo, “non é suficiente con arranxar beirarrúas, ten que haber un compromiso firme para acometer a reforma integral do barrio”, puntualizou o edil popular.

    Durante a reunión, os representantes da plataforma ‘Mollabao Si’ trasladáronlle aos populares as súas queixas tras comprobar que nos orzamentos municipais para o vindeiro ano non se contempla ningunha partida concreta para acometer as obras da reforma integral prometida. “O abandono que sofre o barrio é unha realidade que non se supera con pequenos arranxos puntuais”, manifestou Jacobo Moreira, quen volve a amosar o seu malestar ante “a ausencia de proxectos prioritarios para os pontevedreses nos orzamentos municipais para o 2018”.

    “Estamos ante un orzamento ancorado no pasado, nos proxectos que Lores prometeu nos últimos dous anos e que aínda non cumpriu”, destacou Jacobo Moreira, “pero o que Pontevedra precisa é un proxecto de futuro”, sentenciou.