Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O Congreso do PP de Oia celebrarase o 15 de decembro

    • A Comisión Organizadora do Congreso fórmana Teresa Álvarez Crespo, José Albino Diego Peleteiro e Carmen María Estévez Adrover.
    • Todos os afiliados do PP de Oia que aspiren á presidencia do partido terán ata o 5 de decembro para presentar por escrito a súa intención de presentarse.
    • As candidaturas deberán ir acompañadas por un mínimo de 45 avais e o prazo para a súa presentación remata o 13 de decembro.  

     

    Pontevedra, 29 de novembro de 2017.- O Comité Executivo do Partido Popular da provincia de Pontevedra deu luz verde á celebración, o próximo 15 de decembro do V Congreso Local, no que terán dereito a voto os case 250 afiliados do PP de Oia.  

    A Directiva provincial aprobou ademais o Regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso así como os membros que forman parte da Comisión Organizadora: Teresa Álvarez Crespo, José Albino Diego Peleteiro e Carmen María Estévez Adrover. Esta Comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do Congreso ata que comece a celebración do mesmo, que asumirá esas competencias a Mesa do Congreso.

    Todos os afiliados do PP de Oia  que aspiren á presidencia do partido terán ata o 5 de decembro para presentar por escrito a súa precandidatura ante a Comisión Organizadora e poder ter así acceso ademais á documentación relativa ao Congreso.

    A candidatura deberá ir acompañada por un mínimo de 45 avais, no modelo aprobado ao efecto pola Comisión. O prazo para a presentación de avais remata o 13 de decembro.

    Tanto para ser candidato como para poder avalar ou votar no Congreso será necesario, tal e como recollen os estatutos do partido, figurar inscrito no censo de afiliados.