Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • SALCEDA PERDE PARTE DUNHA SUVENCIÓN PARA O PROGRAMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO POLA MALA XESTIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL

    • O Alcalde non foi quén de xustificar máis de 350 euros en iniciativas realacionadas ca violencia de xénero 
    • Davila acusa ó Goberno de exceso de propaganda e ausencia de medidas concretas

     

    Mércores, 29 de novembro de 2017.- No ano 2016, a Deputación de Pontevedra acordaba conceder unha subvención ó Concello de Salceda de Caselas para a realización do “Programa de Asesoramento en materia de Violencia de Xénero, familia e menores”, cun orzamento de 1.573,00 euros.

    “Como así se indicaba nas cláusulas da subvención, tres meses despois da finalización da mesma, o Concello debería xustificar a axuda concedida.  Hai unhas semanas este Grupo tiña acceso á información sobre o procedemento e coñecemos que o Goberno Municipal tan só foi quén de xustificar un total de 351,66 euros invertidos nesta materia. Tamén, tal e como se indicaba, en caso de que o Concello xustificase un importe inferior ó 100% do orzamento subvencionado, tan só se aboaría a parte proporcional. Isto quere dicir que, pola mala xestión do Alcalde e o seu Grupo de Goberno perdemos un total de 1.221,34 euros. As campañas propagandísticas, o marketing, a publicidade e as fotos están moi ben, mais estas iniciativas non serven de nada se non van acompañadas de medidas ou programas concretos, todos eles perfectamente complementarios ós que están a levar a cabo outras Administracións” explica Davila. 

    O pasado mes de xuño, a Deputación volvía a conceder unha nova axuda ó Concello cunha achega económica de 4.363,00 euros para o “Programa para a Igualdade e a loita contra a violencia machista en Salceda de Caselas”. 

    “Os populares agardamos que este ano o Goberno si que sexa capaz de invertir estes cartos en feitos que vaian máis alá dunha mera campaña publicitaria; agardamos que este Goberno presente medidas efectivas para paliar a violencia de xénero, agardamos que invirta en talleres, en formación, en prevención, en atención… todos os esforzos son poucos para rematar con esta lacra. Non podemos desperdiciar este tipo de axudas”.

    “Por outra parte,queremos resaltar a hipocresía do Alcalde, que se amosa como abandeirado da loita contra a violencia de xénero e logo amosa actitudes machistas como, por exemplo, os insultos e desprecios dirixidos ás compañeiras da corporación municipal nos Plenos ou as faltas de respeto que profiriu a unha traballadora do Concello por por non cumprir unha orde do mesmo que ía en contra da Lei” remata Davila