Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP lamenta que a Deputación non convoque as bolsas de práctica laboral en empresas

    • A deputada Salomé Peña pregunta se uns Premios e as vacantes que quedaron sen cubrir do Plan de 2016 van ser toda a aportación da Deputación coa xuventude.

     

    Pontevedra, 30 de novembro de 2017.- Os deputados provinciais do Partido Popular lamentan que a Deputación de Pontevedra non convocase este ano as bolsas de práctica laboral en empresas, como se viña facendo desde hai anos.

    “Falan de que se destinan moitos millóns de euros á creación de emprego e ao apoio á xuventude e sen embargo vemos como na primeira oportunidade fan desaparecer 4 millóns de euros que antes se destinaban ao Plan de Práctica Laboral en empesa, e que axudaba non só aos mozos recén titulados que merecen unha primeira oportunidade de traballo senón tamén ao tecido empresarial da provincia, xa que os gastos do bolseiro durante un ano corrían a cargo da Deputación”, explica a deputada popular, Salomé Peña.

    Un exemplo da nefasta xestión do Bipartito en materia de emprego é que a convocatoria que sacaron hai unhas semanas correspóndese coas 101 prazas vacantes de 2016, pois non se convocou nin unha soa praza a maiores durante este ano.

    “Non entedemos como puideron non cubrirse o 100% das 400 bolsas en 2016, está claro que algo se fixo mal, pero en todo caso, o normal sería que o Goberno Provincial convocase este ano as prazas que quedaron sen cubrir do ano pasado sumadas ás de 2017 porque ata o de agora resultaron todo un éxito e serviron para abrir unha porta ao mundo laboral a moitos mozos e mozas desta provincia, os principais afectados polo desemprego, así como se beneficiar tamén a moitas pequenas e medianas empresas”. 

    Os populares consideran que os Premios Provinciais á Xuventude, convocados este ano por primeira vez, poden ser un acerto, pero temen que se trate só de “propaganda do Bipartito” xa que chama a atención que xusto se convoquen o ano no que se retiran as bolsas a recén titulados, porque “os premios e as bolsas poden complementarse perfectamente e desde logo o que se espera da Deputación non só son premios, espérase algo máis e ata o de agora co Bipartito parece insuficiente”.

    Nesta liña Peña pregunta se os Premios á Xuventude e as vacantes que quedaron sen cubrir doutro ano vai ser toda a axuda que se vai destinar aos mozos desta provincia desde Deputación.

    “Lamentamos que toda a xestión deste Goberno provincial coa e para a xuventude sexa, como sempre, moita propaganda, moito premio, moito anuncio mediático, pero á hora da verdade, nada de nada”, conclúe.