Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Salceda considera que a única solución á mala xestión económica do alcalde pasa pola elaboración duns novos orzamentos

    •  Os informes de Intervención veñen a darlle a razón aos populares cando aseguran que o Goberno local “gasta o que non temos”
    • Solicitan ademais un compromiso por escrito asinado polo alcalde, no que se compromete a non modificar as partidas de gasto corrente e de investimentos do exercicio 2016.
    • “A mala praxis do alcalde e o seu equipo de goberno, trae como consecuencia que algúns proveedores leven máis de 400 días pendentes de cobrar”, alerta o voceiro do PP local.

     

    Salceda de Caselas, 25 de maio de 2016.- En vista de que o alcalde de Salceda de Caselas non fai ningunha proposta distinta da formulada no Pleno do 29 de abril e que non tivo a responsabilidade de liderar a reunión celebrada o 20 de maio para tentar achegar propostas e solucións ao recoñecemento extraxudicial de crédito 01/2016, o Partido Popular vén de presentar unha proposta na que se solicita a elaboración, coa previa negociación cos grupos políticos, duns novos orzamentos “que se axusten á realidade dos ingresos e gastos”.

    Tal e como veñen alertando os populares nos últimos anos, os orzamentos aprobados non son realistas, e así o reflicten ademais os informes e as liquidacións orzamentarias de cada un dos exercicios elaborados polo departamento de Intervención.

    Santiago Rodríguez Davila sinala que “aí están os informes do 29 de xaneiro de 2015 ou do 21 de abril de 2016, que nos dan a razón aos populares cando dicimos que o alcalde gasta o que non temos”.

    A consecuencia disto, o Goberno local ve como única saída un recoñecemento extraxudicial de crédito para poder pagar todos os gastos que o Goberno local realizou sen ter unha partida orzamentaria para elo.

    “De aí que solicitemos a elaboración de uns presupostos que se axusten á realidade e que recollan o incremento no importe do gasto corrente que se presente recoñecer”.

    Ademais disto, os populares consideran que no capítulo de investimento ten que aparecer o mesmo importe que resulte das facturas de investimentos deste recoñecemento extraxudicial e o orzamento de ingresos deberá axustarse ás liquidacións dos orzamentos dos exercicios 2014-2015 para que os ingresos previstos sexan o máis reais posibles.

    Solicitan ademais un compromiso por escrito asinado polo alcalde, no que se compromete a non modificar as partidas de gasto corrente e de investimentos do exercicio 2016.

    PAGO A PROVEEDORES

    Rodríguez Davila sinala que esta mala praxis do alcalde e o seu equipo de goberno, trae como consecuencia que algúns proveedores leven máis de 400 días pendentes de cobrar os seus traballos realizados ou suministros, a pesar de que a normativa actual contempla que os pagos deben efectuarse en 30 días.

    O voceiro popular cualifica de “irresponsable” a actitude do alcalde, que a pesar de saber que non dispón do correspondente crédito para facerlle fronte ao pago das facturas segue a contratar obras e suministros”.

    Non pode culpar á oposición da súa mala xestión, ou convencernos da necesidade deste recoñemento de crédito e a consecuencia da débeda que mantén cos proveedores cando o Partido Popular nin aprobou os orzamentos, nin decidimos as obras e servizos nin contratamos nin adxudicamos.

    “A responsabilidade da mala situación económica do Concello de Salceda de Caselas e da débeda que mantén cos proveedores, que alcanza xa nalgúns casos os 400 días, débese única e exclusivamente á súa nula xestión e a estar empeñado en gastar o que non ten”.