Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Pontevedra propón que a futura Rolda Leste sexa unha vía libre de lombos

     A través dunha proposta que presentarán no vindeiro Pleno municipal

    • Unha medida que non supoñerá gasto algún e que permitirá facilitar os tempos de resposta das ambulancias, reducíndoos á metade.
    • Se calcula que o 70% dos traslados ambulatorios se realizarán a través desta vía.
    • Jacobo Moreira amosa o seu malestar pola situación das dez familias que se quedan sen emprego. “O BNG de Lores estará contento, nós non”.

     

    Pontevedra 1, decembro, 2017.- Os populares propoñen que a futura Rolda Leste de Pontevedra sexa unha vía libre de lombos. Así o anunciou este venres o seu portavoz, Jacobo Moreira, durante unha comparecencia na que estivo acompañado polos representantes da Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (ASGATE), José Iglesias e Alfredo Castro.

    O novo vial, que se construirá dende a PO-542 no lugar de O Marco ata a rotonda do Príncipe Felipe, constituirá o principal acceso sanitario dende Pontevedra ao Hospital de Montecelo e polo que se calcula que transitarán o 70% dos traslados hospitalarios, tanto urxentes como ambulatorios. Dado que non se trata dunha vía de características urbanas “consideramos imprescindible que esta quede libre de lombos co fin de facilitar os tempos de resposta das ambulancias e evitar ademais agravar as patoloxías dos pacientes - usuarios”, manifestou o portavoz dos populares.

    Neste sentido, Jacobo Moreira lembrou que actualmente a principal vía de acceso das ambulancias a Montecelo é a avenida de Conde Bugallal conta con ata 13 lombos, “e que cuxo tempo de resposta está nunha media de 12 minutos”, recalcou. “A construción do novo vial libre de lombos supoñería reducir á metade o tempo de resposta, arredor dos 6 minutos aproximadamente”, manifestou.

    O hospital de Montecelo atende a toda a zona norte de Pontevedra, unha área de 300.000 habitantes. No pasado ano 2016, as unidades adscritas á cidade de Pontevedra realizaron máis de 11.500 servizos, entre asistenciais e medicalizados. “Un amplo número de traslados que deben terse en conta”, destacou o edil popular. Ademais, Montecelo e o hospital Provincial non só atenden a pacientes do Concello de Pontevedra, senón tamén aos pacientes de concellos limítrofes como Marín, Bueu, Meaño, Forcarei, Barro ou Campolameiro, entre outros, polo que insiste na necesidade de que “impere o sentido común”. “Tomar este tipo de medidas non supoñerá ningún custe ”, aclarou o portavoz popular, “se existe vontade, pode facerse”, sentenciou.

    Elnosa.

    Por outra banda, Jacobo Moreira valorou hoxe a decisión de Elnosa de levar a cabo un ERE co que prescindirán de 10 traballadores das súas empresas auxiliares. “Hoxe é un día moi duro para dez familias”, lamentou o edil popular que recoñeceu o seu malestar por esta situación. “Probablemente o Goberno de Lores este contento ante esta situación, nós non”, sinalou.

    “Elnosa anunciaba a pasada semana a compra dunha fábrica en Torrelavega, Cantabria, e xa contan coa licencia municipal para poder realizar o cambio de tecnoloxía”, lembrou Jacobo Moreira, “en Pontevedra o único que atopan é impedimentos por parte do Goberno local”.

    “Esperamos que Costas resolva pronto, pero en todo caso sabemos que o BNG de Lores non facilitará a Elnosa a súa continuidade en Pontevedra”, sentenciou.