Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP critica á Deputación por elaborar uns orzamentos de costas aos concellos do Deza

    • O deputado do PP, Ramiro Varela, considera que o Bipartito esquece que a súa acción de goberno debe estar centrada nos pequenos e medianos concellos da provincia e non en cidades que teñen un presuposto maior que a propia Deputación
    • “Só polo descoñecemento e a falta de compromiso coa nosa comarca e a nosa realidade se pode explicar que o orzamento da Finca Mouriscade se vira reducido en preto dun millón de euros desde o ano 2015”.
    • Varela pregunta onde están os 90 millóns de axudas para os concellos afectados polos incendios ou onde están os 70 millóns que prometeron para o Plan Concellos 2018?

     

    Agolada, 8 de decembro de 2017.- O deputado provincial do Partido Popular, Ramiro Varela, lamenta que o Goberno Bipartito da Deputación elaborase uns orzamentos para 2018 no que lle dá as costas a todos os concellos do Deza, pois unha vez máis esquece que a súa acción de goberno debe estar centrada nos pequenos e medianos concellos da provincia e non nos concellos das grandes cidades, como é o caso de Vigo, que ten un orzamento propio bastante máis alto que a propia Deputación.

    Incidiu en que “PSOE e BNG non están gobernando para os concellos nin tampouco para os veciños da provincia, a Deputación está perdendo presenza, pero sobre todo está deixando de ser un apoio principal para todos eles, especialmente para os concellos con máis dificultades”.

    Nesta liña critica que o orzamento está feito, de novo, de costas aos concellos, aos alcaldes e tamén aos sindicatos e todo porque non queren reunirse con todos nós e que poidamos explicarlle as necesidades que hai. “Do contrario, non se explicaría como se repiten actuacións que quedan moi ben na foto pero que foron un auténtico fracaso”, puntualizou. Como exemplos, o Plan Revitaliza, que só pediron 5 de 61 concellos; o plan de parques forestais, 10 de 61; ou o plan de proxectos singulares, que dan a 25 de 52 concellos. “No que o 80% dos beneficiados son concellos gobernados por PSOE e BNG”.

    Ramiro Varela incide en que o feito de que se faga de costas aos concellos é porque “a estas alturas a presidenta aínda non coñece a provincia, ten máis da metade dos concellos pendentes de visitar. E quen non coñece o territorio non é capaz de facer proxectos que se axusten ás súas necesidades”.

    “Nos dous anos e medio que tivo a decencia de vir ata a nosa comarca, a metade foi para contar mentiras publicamente, e incluso dicir o contrario do que dixo o ano pasado sen que lle caera a cara de vergonza”, explicou o deputado provincial.

    Só polo descoñecemento e a falta de compromiso coa nosa comarca e a nosa realidade, se pode explicar que o orzamento da Finca Mouriscade, centro de referencia a nivel internacional para o sector lácteo e agrogandeiro, se vira reducido en preto dun millón de euros desde o ano 2015, ou se elimasen as axudas en apoio a colectivos veciñais e sociais. 

    “Unha vez máis vemos un presuposto carente de proxectos ilusionantes para os nosos concellos, baleiro de iniciativas e nos que se vai gastar máis en gasto corrente ca en investimentos”, explica Varela.

    Son uns orzamentos, -segundo Ramiro Varela,- decepcionantes pero que ademais corren o risco de que non se executen se temos en conta que a porcentaxe de execución dos orzamentos do último ano é do 40%.

    ONDE ESTÁN OS 70 MILLÓNS AOS CONCELLOS?

    Ademais os populares preguntan onde están iniciativas que xa foran anunciadas a bombo e platillo, como xa é habitual neste Bipartito, no que todo é publicidade e propaganda”. Así, Varela pregunta onde están os 90 millóns de axudas para os concellos afectados polos incendios ou onde están os 70 millóns que prometeron para o Plan Concellos 2018? Ou que pasou cos millóns que prometeron para ese proxecto de edificios singulares, no que había, segundo o bipartito, 6 millóns para 2018. Onde está o plan de práctica laboral?”.

    Ademais, Ramiro Varela tamén critica “a privatización que trae consigo o orzamento. Privatízase algo que antes se facía desde o Parque de Maquinarias da Deputación de Pontevedra, como o mantemento das estradas provinciais”.