Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP lamenta que a Deputación se esqueza da comarca de Pontevedra nos seus orzamentos

    • Lamentan que o Bipartito se centre en cidades como Vigo que ten un presuposto maior que a propia Deputación

     

    Pontevedra, 8 de decembro de 2017.- O deputado provincial do Partido Popular, Ángel Moldes, lamenta que o Goberno Bipartito da Deputación elaborase uns orzamentos para 2018 no que lle dá as costas a todos os concellos da comarca de Pontevedra, pois unha vez máis esquece que a súa acción de goberno debe estar centrada nos pequenos e medianos concellos da provincia e non nos concellos das grandes cidades, como é o caso de Vigo, que ten un orzamento propio bastante máis alto que a propia Deputación.

    Incidiu en que “PSOE e BNG non están gobernando para os concellos nin tampouco para os veciños da provincia, a Deputación está perdendo presenza, pero sobre todo está deixando de ser un apoio principal para todos eles, especialmente para os concellos con máis dificultades”.

    Nesta liña critica que o orzamento está feito, de novo, de costas aos concellos, aos alcaldes e tamén aos sindicatos e todo porque non queren reunirse con todos os alcaldes que eles mesmos poidan explicarlle as necesidades que hai. “Do contrario, non se explicaría como se repiten actuacións que quedan moi ben na foto pero que foron un auténtico fracaso”, puntualizou. Como exemplos, o Plan Revitaliza, que só pediron 5 de 61 concellos; o plan de parques forestais, 10 de 61; ou o plan de proxectos singulares, que dan a 25 de 52 concellos. “No que o 80% dos beneficiados son concellos gobernados por PSOE e BNG”.

    Ángel Moldes incide en que o feito de que se faga de costas aos concellos é porque “a estas alturas a presidenta aínda non coñece a provincia, ten máis da metade dos concellos pendentes de visitar. E quen non coñece o territorio non é capaz de facer proxectos que se axusten ás súas necesidades”.

    Son uns orzamentos, -segundo Ángel Moldes-, decepcionantes pero que ademais corren o risco de que non se executen se temos en conta que a porcentaxe de execución dos orzamentos do último ano é do 40%.

    ONDE ESTÁN OS 70 MILLÓNS AOS CONCELLOS?

    Ademais os populares preguntan onde están iniciativas que xa foran anunciadas a bombo e platillo, como xa é habitual neste Bipartito, no que todo é publicidade e propaganda”. Así, Moldes pregunta onde están os 90 millóns de axudas para os concellos afectados polos incendios ou onde están os 70 millóns que prometeron para o Plan Concellos 2018? Ou que pasou cos millóns que prometeron para ese proxecto de edificios singulares, no que había, segundo o bipartito, 6 millóns para 2018. Onde está o plan de práctica laboral?”.

    Ademais, o voceiro dos populares tamén critica “a privatización que trae consigo o orzamento. Privatízase algo que antes se facía desde o Parque de Maquinarias da Deputación de Pontevedra, como o mantemento das estradas provinciais”.