Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP presenta unha emenda á totalidade sobre o Orzamento Municipal 2018

     “Trátase do documento máis escaso en investimento que busca agochar a parálise que sofre o Goberno de Lores neste mandato”, 

    • Consideran que o documento presentado polo Goberno do BNG céntrase máis nas aventuras personalistas de Lores que nos problemas reais dos veciños de Pontevedra.
    • Destacan a deriva antisistema de Lores que fai cada vez máis difícil chegar a puntos de encontro.

     

    Pontevedra 11, decembro, 2017.- O Grupo Popular presenta unha emenda á totalidade sobre o proxecto do Orzamento Municipal para o vindeiro ano 2018. Tras analizar en detalle o documento presentado polo Goberno de Lores, os populares consideran que “se trata dun Orzamento cunha inversión pírrica, o documento máis escaso en investimento de todos os presentados por Lores e que busca agochar a parálise que sofre o seu Goberno neste mandato, tras non ser capaz de levar a cabo ningunha das grandes obras que lle prometeu aos pontevedreses no 2015”, sinalou este luns o concelleiro popular, César Abal.

    “Utilizan 9 dos 12 millóns de euros dos fondos concedidos pola Unión Europea nun só ano para poder agochar así todas as súas carencias e para ter algo que ofrecer aos pontevedreses a pouco máis dun ano das vindeiras eleccións municipais”, apuntou o edil popular. Así, sen incluír estes fondos europeos, “nos atopamos con tan só 306.721,93€ para obras urbanas e 886.721,93€ para obras no rural”, lamentou Abal quen insiste en que “o rural é o principal prexudicado con este Orzamento municipal”. De feito, lembrou que “nunha soa partida para obras no rural diminúe en máis de 2 millóns de euros e máis dun 50% no resto de partidas dedicadas as parroquias”.

    Na mesma liña de maquillar o documento presentado, o Goberno de Lores recorre a partidas señuelo para silenciar as recentes queixas dos veciños de Mollabao ou de Lepanto, “pero as reformas de estas rúas non se farán este ano”, sinalou César Abal, quen lembrou que “este documento tampouco dá resposta ás demandas dos veciños de Loureiro Crespo, Campolongo sur, Campo da Torre, Casimiro Gómez ou do barrio de A Seca”.

    Por outra banda, os populares tampouco esquecen “o proxecto estrela do BNG”, que está a resultar prexudicial para os pontevedreses ante a continua indefinición e falta de rumbo do Goberno de Lores. “O recibo do lixo non se reduce, continuamos pagando polo aluguer duns terreos para a construción dunha planta de compostaxe da que non hai nin tan sequera proxecto, non coñecemos o número de composteiros comunitarios que se van a instalar nin a súa localización”, lembrou Abal, “é unha irresponsabilidade destinar ata 938.000 euros a composteiros cando as prioridades dos veciños de Pontevedra son outras”, apuntou.

    Así mesmo, os populares recoñecen que “a memoria do Alcalde fai moi difícil chegar a puntos de encontro. Unha declaración máis propia dun antisistema que dun home na súa madurez política tras máis de 16 anos no goberno”. Neste sentido, os populares lembraron a participación do Goberno do BNG na homenaxe ao ditador Fidel Castro no Teatro Principal; o documento de apoio ao referendo ilegal de Cataluña, asinado por Lores en nome de Pontevedra; a negativa a amosar o apoio ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado cando máis o necesitaban ou a recente “cea de empresa” na que participaron dous concelleiros de Lores xunto con Arnaldo Otegi. “Actitudes dun Alcalde que nos preocupan”, manifestou o concelleiro popular.

    A formación que encabeza Jacobo Moreira non quixo pasar por alto os pactos da esquerda, pois “chama a atención que, ante os peores orzamentos da era Lores, tanto a Marea de Podemos como os socialistas amosen o seu apoio, probablemente pensando máis en futuros pactos electorais que nas prioridades dos veciños de Pontevedra”, sentenciaron.