Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Poio esixe ao Bipartito a convocatoria urxente do Consello Municipal de Deportes e insiste: «quen preside as Escolas Deportivas?»

    • Advirten de que o concello está a dar datos erróneos sobre as inscripcións nas distintas modalidades das Escolas e solicitan a convocatoria inmediata do órgano de representación do sector.
    • Pedirán no Consello que se dea información sobre a xunta directiva e a xestión das escolas e se redacte un proxecto de pavillón «en vez dun anuncio dun anteproxecto»
    • Preguntan a Marga Caldas «para que serve un anteproxecto» e denuncian a falta de seriedade do Bipartito, e a súa política de andrómenas «sen orzamento, ubicación nin financiamento».

     

    Poio, 9 de decembro de 2017. O PP de Poio Tucho solicitou hoxe a convocatoria urxente do Consello Municipal de Deportes no que esixirá toda a información que o concello non está dando sobre a composición da Xunta Directiva das Escolas Deportivas e a súa xestión.

    Os populares advertiron ademais que o concello está dando á prensa datos erróneos sobre as inscricións nas distintas modalidades das escolas que non se corresponden cos números deste ano, o que relacionan coa falta de transparencia e ocultamento de datos en todo o que se refire á concellería de Deportes e á xestión privada das Escolas Deportivas.

    O concelleiro Tucho Muíños avanzou que na próxima reunión da Comisión o PP solicitará que o concello faga pública dunha vez toda a información dispoñible sobre a composición da directiva da asociación privada que xestiona as Escolas Deportivas, así como a información sobre a xestión financeira e o destino das subvencións e as cuotas dos usuarios. Os populares tamén esixirán que se aclare se o presidente é veciño de Poio e quen ocupa os distintos postos directivos, como tesourería, secretaría ou as distintas vocalías. 

    Os populares insistiron en que desde a publicación do informe técnico que determinou que as Escolas Deportivas non son públicas nin municipais, o concello non deu explicacións, nin pediu perdón a pais e usuarios nin convocou ao Órganos que reúne a asociacións, equipos, deportistas e ao resto do sector, «nin sequera en vésperas da presentación das Escolas», como era habitual.

    Ademais, o popular reprochou á responsable de deportes do Bipartito Marga Caldas o seu anuncio da pasada semana de que o concello está a traballar nun “anteproxecto” para un novo pavillón deportivo «sen orzamento, ubicación nin financiamento» e anunciou que na citada reunión do Consello Municipal de Deportes o grupo popular solicitará que se redacte un proxecto de pavillón, en lugar de facer «anuncios de anteproxectos», que cualificou de «andrómenas».

    Muíños cuestionou «para que serve un anteproxecto», e preguntou a Caldas «se lle parece serio seguir coa política do BNG de facer anuncios de anuncios en vez de propostas e proxectos serios» e de «fotos e operacións de propaganda» en lugar de dar explicacións.