Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Jose Fervenza cualificou de “Xudas Escariote” e “vendido a Caballero” a Xosé Leal, deputado do BNG, por non apoiar a candidatura das Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade

    • O deputado popular aféalle o comportamento ao dirixente nacionalista de Bueu por posicionarse do lado do alcalde vigués en lugar dos veciños e veciñas do Morrazo

     

    Bueu, 15 de decembro de 2017.- O popular José Fervenza, cualificou a actitiude do deputado do BNG polo Morrazo, Xosé Leal, de votar en contra da candidatura das Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade de ser “un auténtico Xudas Iscariote da política” e “terse vendido aos intereses personalistas de Abel Caballero que desde o seu egocentrismo non ve máis alá dos límites do seu concello que goberna como un auténtico sátrapa impoñéndose lastimeramente aos caprichos dos seus socios de goberno na Deputación”.

    “Agora que estamos en tempos de Nadal, a comparación co traidor Xudas Iscariote está máis que xustificada se temos en conta a súa “conveniente ausencia” do Pleno da Corporación de Bueu onde tiña que escenificar unha nova contradición: votar non na Deputación e ter que secundar aos seus compañeiros e aprobar por unanimidade a mesma moción no Concello buense. Non ten vergoña toreira”, asegurou o deputado popular José Fervenza.

    Fervenza manifestou que “é unha mágoa que os intereses xerais da cidadanía no Morrazo queden nun segundo plano cando se quere seguir chuchando do bote político da Deputación de Pontevedra ás ordes dunha presidenta que non fai máis que seguir os dictados que desde Vigo fai Caballero para toda a provincia sen importarlle que rendabilizar esta institución para os seus intereses partidarios e personalistas movidos polo egocentrismo e unha ausencia total de visión global do que significa a provincia, O Morrazo ou a propia Galicia”.

    José Fervenza indicou que “Xosé Leal terá que explicarse agora diante dos seus veciños de Bueu e do Morrazo que seguro o pararán pola rúa, cando baixe do coche oficial, e lle pregunten como é posible que antepoña a vontade de Caballero ao interese xeral da xente e da súa comarca como quedou acreditado coa votación por unanimidade da Corporación de Bueu, agás el pola súa covarde ausencia para non ter que escenificar esa contradición inexplicable e incomprensible”.

    Finalmente Fervenza sinalou o seu desexo e o do Partido Popular de seguir aunando esforzos con concellos como os de Vilagarcía, Ribeira e o propio Bueu para “corrixir este despropósito localista e vigocéntrico e se aprobe a declaración como Patrimonio da Humanidade dun xeito amplio e global dun ecosistema único como é o das Illas Atlánticas”.