Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • 600 comensais encheron o Pavillón Óscar Pereiro na tradicional cea de Nadal do PP de Mos

    • Celebrouse o pasado sábado 16 de decembro e asistiron Ana Pastor e Alfonso Rueda

     

    O Partido Popular de Mos organizou un ano máis a súa tradicional cea de Nadal que se celebrou o sábado, día 16 de decembro, a partir das 21.30 horas no Pavillón Óscar Pereiro. O acto congregou a máis de 600 persoas e asistiron Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos, Ana Pastor, Presidenta do Congreso, Alfonso Rueda, Vicepresidente da Xunta, Jesús Vázquez Almuíña, Conselleiro de Sanidade, Elena Muñoz, voceira do PP de Vigo, Diego Gago, presidente nacional de Novas Xeracións, Camilo Augusto, presidente do Comité Local do PP de Mos e demais membros do Comité Local do PP de Mos.

    Cada edición deste entrañable encontro reúne a militantes e simpatizantes do PP, que asisten a esta cea para desfrutar da compaña da alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o presidente do comité local do Partido Popular, Camilo Augusto, e os demais concelleiros e concelleiras membros do equipo de goberno municipal.

     Arévalo e Augusto agradecen a tódolos asistentes deste ano nesta cea de Nadal o esforzo e a colaboración realizados para participar, así como a súa agradable compaña durante a velada.