Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Lores consolídase como o verdugo do deporte pontevedrés

    A formación popular levará ao Pleno “a situación agónica na que se atopan a maioría das entidades deportivas do noso municipio”, 

    • Os populares esixen ao Goberno do BNG explicacións ante o atraso que sofren os pagos das subvencións correspondentes ás tempadas 2015 e 2016.
    • Neste 2017 a situación empeorou, pois non só non convocaron as subvencións para os clubes deportivos, senón que se atreveron a ofertar as prazas para Escolas Deportivas Municipais sen ter convocadas antes as súas bases.

     

    Pontevedra 20, decembro, 2017.- A formación que encabeza Jacobo Moreira levará ao Pleno do vindeiro venres a “situación agónica na que se atopan a maioría de entidades deportivas de Pontevedra”. Así, tras comprobar que máis da metade dos clubs deportivos da nosa cidade non percibiron as subvencións correspondentes ás tempadas 2015 e 2016, os populares preguntarán ao Goberno de Lores polas razóns desta demora.

    “O BNG de Lores debe dar a cara e explicar ás entidades deportivas os motivos polos que aínda non recibiron as axudas económicas municipais correspondentes aos exercicios 2015 e 2016”, manifestou este mércores o concelleiro popular, Tomás Abeigón, “Lores se consolida como verdugo do deporte pontevedrés, pois a incapacidade do seu Goberno está a provocar importantes prexuízos aos nosos clubs deportivos”, sinalou.

    Neste sentido, o edil popular lembra que “os clubs deportivos son o verdadeiro motor do deporte federado e sobreviven gracias ás axudas que lles conceden as administracións” polo que “este desleixo por parte do Goberno de Lores está a asfixialos”, engadiu.

    O 2017, caso extremo.

    Ademais dende o Grupo Popular desvelaron hoxe a “tomadura de pelo” do Goberno local en relación ás Escolas Deportivas Municipais: tramitaron as inscricións sen ter convocado antes as súas bases.

    “A falta de xestión e de coordinación do Goberno do BNG é tan preocupante que este mesmo ano chegaron a ofertar as prazas para as Escolas Deportivas Municipais sen ter concedido oficialmente as subvencións deportivas correspondentes o que provoca que as entidades deportivas que as asumen non conten co financiamento necesario para desenvolver as actividades”, avanzou Tomás Abeigón quen preguntará tamén no Pleno municipal os motivos polos que o Goberno de Lores non ten convocado ningunha das tres liñas de subvención destinadas as entidades deportivas de Pontevedra neste 2017.

    “Volvemos a comprobar a incapacidade do BNG de Lores para xestionar os asuntos relativos ao deporte, unha falta de coordinación absoluta que demostra o fracaso absoluto que supón a disolución do IMD”, sentenciou.