Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O BNG trae o “procés” a Poio

    • Despois de apoiar o referéndum ilegal en Cataluña e insultar a Policías e Gardas Civís, o partido de Luciano Sobral presenta no pleno de Poio unha moción polo “dereito a decidir” e a “autodeterminación”.
    • O PP denuncia que os nacionalistas estanse escorando ao extremismo e o radicalismo, e pide ao BNG que deixen de intentar sementar a división e a crispación nunha sociedade «sen problemas identitarios»
    • Piden a retirada da moción e recordan que o «discurso do odio» nacionalista non ten cabida en Poio: Se siguen intentando romper a lei e a convivencia, ao final «serán os veciños os que rompan co BNG».

     

    Poio, 18 de decembro de 2017. O Partido Popular lamentou hoxe que o BNG estea empeñado en «traer o “procés” a Poio», explicou o presidente local Ángel Moldes, que criticou que a formación nacionalista queira introducir na política municipal «debates e posturas que só levan á ruina económica e social».

    Moldes desvelou que os concelleiros do Bloque defenderán no pleno do próximo martes unha moción en defensa do “dereito a decidir”, “a autodeterminación” e “a soberanía nacional da Galiza”, o que para o dirixente popular é «unha mostra da súa deriva ó lado máis extremo do nacionalismo».

    Moldes recordou como nos últimos meses o BNG deu un xiro cara ó radicalismo, co manifesto de apoio ao referéndum ilegal do 1 de outubro asinado por Sobral, e a participación dos nacionalistas en distintas accións a prol do “proceso independentista” en Cataluña e dos seus dirixentes, hoxe moitos en prisión preventiva ou fugados, acusados de graves delitos «e respaldados polo BNG antes e despois de levar a Cataluña ao borde do desastre».

    «A partir de aí o BNG foi en caída libre», explicou Moldes, que lembrou declaracións de dirixentes nacionalistas xustificando o acoso a Policías e Gardas Civís e insultando gravemente aos membros destes corpos como “represores”, unha postura «totalmente alonxada do sentir maioritario dos veciños de Poio».

    Moldes cualificou estes insultos como “intolerables”, e apuntou que en Poio viven e traballan máis de 1.000 membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, e recalcou que a inmensa maioría de poienses senten respecto e agradecemento polo traballo destes funcionarios «en defensa dos dereitos de todos». Moldes recordou tamén a existencia da sede da Comandancia da Garda Civil en Poio, da que os veciños están «moi orgullosos», e puxo a presenza da Benemérita en Poio como exemplo de «convivencia e integración».

    Moldes denunciou unha «radicalización rápida e preocupante» e recalcou como nos últimos días o BNG intenta emular «ó nacionalismo máis rancio e adoutrinador», eliminando a tradicional visita do Papá Noel aos colexios en favor de outras figuras como “o Apalpador e a Apalpadora” e levando a ideoloxía ás aulas e ás rúas de Poio «contra o sentir dos veciños».

    O voceiro popular advertiu aos nacionalistas que a inmensa maioría dos veciños de Poio «non ten conflictos identitarios» e non teñen problemas por sentirse e identificarse «como galegos e españois», e que calquera intento de trasladar a Poio a división e a crispación que o nacionalismo sementou noutros lugares está abocada ó fracaso.

    Moldes pediu aos nacionalistas que retiren esta moción e deixen de intentar impoñer en Poio «a ruptura da convivencia e as receitas fracasadas do nacionalismo», e recordou aos nacionalistas que «nin sequera son a lista máis votada». Nese sentido, Moldes fixo un chamamento á responsabilidade ao Partido Socialista e pediulles que paren os pés dos seus socios de goberno e non sexan cómplices da radicalización: «Esperamos que o PSOE sexa quen de votar en contra do discurso do odio», dixo Moldes, que apuntou que «é o mesmo discurso dos que ameazan e acosan aos alcaldes, concelleiros e votantes populares e socialistas noutros lugares. Non todo vale con tal de aferrarse ao sillón».

    «Os veciños de Poio apostan pola concordia, o consenso e o cumprimento da lei», explicou Moldes, e cando un alcalde se sitúa do lado dos delincuentes e dos que queren romper a convivencia «deixa de representar aos veciños».

    «O discurso do odio non ten cabida en Poio», advertiu, polo que pediu aos membros do BNG que «se dediquen a intentar xestionar o concello e deixen de intentar romper a lei e a convivencia», pois do contrario «serán os veciños os que rompan co BNG».