Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP lamenta as “desafortunadas” críticas do BNG e do concelleiro de Cultura sobre a visita do rei Juan Carlos a Cuntis

    •  Antonio Pena valora “moi positivamente” a visita do monarca emérito a unha factoría que dá traballo a moitas persoas.
    • “Unha vez máis o bipartito amosa o seu escaso entendemento, mentres o PSOE sae na foto, os nacionalistas a critican”, sinala o voceiro popular.

     

    Cuntis, 26 de maio de 2016.- O Partido Popular de Cuntis lamenta as “desafortunadas ” críticas que o BNG local e o seu concelleiro de Cultura, Enrique Portela, fixeron nas redes sociais tras a visita do rei emérito Juan Carlos a Cuntis. “Non é a primeira vez que ten saídas de ton nas redes sociais, pero non é xustificación para criticar esta visita, que é moi positiva, a unha factoría importante para Cuntis e que dá traballo a moitas persoas”, sinala o voceiro do PP Antonio Pena.

    Para o popular, o concelleiro debería amosar máis respecto polas institucións,  máis cando representa a todos os veciños de Cuntis. “É moi pouco apropiado, debe velar polos intereses de Cuntis e dos seus veciños, e esta visita supón unha aposta por esta factoría e polo emprego no noso concello”, manifesta. Nesta liña, recorda que unha das cuestións que o maior accionista da firma abordou no encontro co monarca foi a posible ampliación da empresa de velas.

    Ademais, sinala o voceiro, nunha nova ocasión ponse de manifesto o “escaso entendemento” entre os socios do Goberno de Cuntis, “mentres o PSOE sae na foto, nas redes sociais os nacionalistas a critican, e botan fóra do concello ao monarca”.