Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Pontecaldelas DENUNCIA O OSCURANTISMO DE ANDRÉS DÍAZ NA TRAMITACIÓN DO PRESUPOSTO O CONVOCAR UN PLENO EN 48 HORAS

    • É a primeira vez na historia democrática de Ponte Caldelas que se leva a pleno un presuposto sen dar tempo a oposición a que poida estudalo, sempre se convocou una comisión informativa unha semana antes para que houbese un prazo razoable para o seu estudo.
    • Ademáis tamén se leva a pleno a aprobación dun plan económico financeiro xa que o Concello de Ponte Caldelas incumpriu a regra de gasto no ano 2016, o primeiro ano completo de Andrés Díaz como alcalde.

     

    Ponte Caldelas, 20 de decembro de 2017.- O Partido Popular de Ponte Caldelas denuncia o oscurantismo de Andrés Díaz na tramitación do presuposto o convocar un pleno en 48 horas.

    Ás cinco da tarde do martes 19 os concelleiros do Partido Popular recibiron a convocatoria dun pleno extraordinario e urxente a celebrar o xoves 21 para aprobar os presupostos de 2018, a Relación de Postos de Traballo do concello e un Plan Económico Financeiro.

    O Partido Popular denuncia que Andrés Díaz pretende aprobar o presuposto nun pleno extraordinario e urxente só 48 horas despois de presentalo a oposición, sen comisión informativa nin un prazo razoable para estudalo.

    É a primeira vez na historia democrática de Ponte Caldelas que se leva a pleno un presuposto sen dar tempo a oposición a que poida estudalo, sempre se convocou una comisión informativa unha semana antes para que houbese un prazo razoable para que a oposición puidese coñecelo en profundidade.

    É un escándalo, dende o Partido Popular non entendemos estas presas, nin que se pretende agochar con esta tramitación oscurantista e con tal celeridade que non se aplica a outros expedientes mais urxentes.

    Dende o Partido Popular de Ponte Caldelas estanse a estudar medidas para impugnar o pleno, xa que o documento mais importante do ano non pode ser aprobado deprisa e correndo sen un debate e un estudo en profundidade.

    Plan Económico Financeiro

    Ademáis tamén se leva a pleno a aprobación dun plan económico financeiro xa que o Concello de Ponte Caldelas incumpriu a regra de gasto no ano 2016, o primeiro ano completo de Andrés Díaz como alcalde.

    No seu primeiro ano como alcalde Andrés Díaz xa se saltou a regra de gasto, regra que deben cumprir tódalas administracións, gastando mais do permitido polo que o Ministerio de Facenda obriga o Concello de Ponte Caldelas a redacción de dito plan económico financiero.

    A mala xestión económica do Concello comeza a ser cada vez mais evidente, a principios de 2017 o Concello tivo que pagar cerca de 120.000€ de facturas impagadas do ano 2016 e neste mes de decembro o Concello tivo que solicitar un crédito de 150.000€ a Deputación Provincial para poder acabar o ano.

    Dende o Partido Popular moito tememos que a principios de 2018 van aflorar moitas facturas deste 2017 que non se abonaron no seu debido tempo.