Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP pecha o ano cunha xuntanza do Comité Executivo no que se abordou o traballo institucional e a renovación do discurso político de cara a 2018 baseado no modelo de “proximidade ao cidadán”

    • Cualificou de “moi decepcionante” o goberno bipartito da Deputación ao que lle augura un “nulo futuro caracterizado pola parálise e a morte por inanición da acción social e de infraestruturas para os pequenos e medianos concellos”
    • Alfonso Rueda avogou por unha nova edición de revistas locais do Partido e pola “renovación total do discurso do partido para o vindeiro ano para crear ilusión na cidadanía na procura dos mellores candidatos para afrontar o reto dos próximos comicios municipais”

     

    Pontevedra, 20 decembro de 2017.- O presdiente do Partido Popular na provincia de Pontevedra, Alfonso Rueda, foi o encargado de clausurar a derradeira xuntanza do ano do Comité Executivo Provincial do PP marcado por un exercizo de análise colectiva do traballo realizado caracterizado por un novo discurso máis apegado á cidadanía e a renovación das estruturas do partido a través dos congresos locais emprendidos pola nova direción.

    Previamente á intervención de Alfonso Rueda tomou a palabra o voceiro do PP na Deputación de Pontevedra, Ángel Moldes, quen fixo un “retrato   da realidade do ente provincial chamado a ser o revulsivo, o apoio dos pequenos e medianos concellos e que, nembargantes, vai camiño de retrotraernos a tempos xa esquecidos dun nulo futuro caracterizado pola parálise e a morte por inanición da acción social e de infraestruturas para os municipios máis modestos”. 

    Moldes referiuse á actuación do PP na Deputación como “un auténtico acicate para que a presidenta desperte do seu letargo político e os seus socios nacionalistas non poidan levar a cabo a súa política decidida de desidia e desmantelamento dos servizos e infraestruturas que tanto custou crear ao longo dos anos de esforzo investidor con cartos dos contribuíntes e que agora esmorecen enferruxados” e puxo de exemplo o parque de maquinaria, a imprenta provincial e moitos outros servizos que cualificou “como amalgama de caos continuos e sen sentido no que se está a converter esta institución que antes era o maior apoio para todos os pequenos e medianos concellos da provincia”, indicou o voceiro popular na Deputación.

    Posteriormente, tocoulle o turno de ofrecer o balance de traballo á subdelegada do goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, quen destacou a importancia que desde o goberno ten esta provincia desde o punto de vista de atención investidora e preocupación constante por parte dos distintos ministerios que conforman o goberno de Mariano Rajoy de quen dixo que non hai que esquecer que “exerce na Moncloa como un pontevedrés máis do que nos sentimos moi orgullosos”.

    Pechou a xuntanza do Comité Executivo Provincial a intervención de Alfonso Rueda que se produciu en clave de resumo tamén dos investimentos da Xunta na provincia, pero centrouse especialmente en analizar a vida do partido dun xeito máis interno e pormenorizado. Así, Rueda salientou como unha feito incontestable o “proceso de renovación total do discurso do partido que se está a producir pola vía da incorporación dun amplo abano de persoas procedentes de diversos sectores que están axudando a enriquecer o noso discurso e a facelo máis apegado á realidade cotiá dos nosos veciños e veciñas. Estamos apostando por recuperar a organización de proximidade e en contacto directo coa cidadanía non só para aportar as nosas propostas senón para recoller tamén as distintas sensibilidades e demandas sociais”.

    Alfonso Rueda animou aos presentes a confiar no novo modelo aperturista á sociedade e a deixarse “impregnar das novas ideas que aporta o conxunto da cidadanía que se sinte atraída ou que ten a oportunidade de entrar en contacto co Partido Popular. Temos que ser capaces de xerar non só entre nós senón entre os nosos veciños e veciñas unha ilusión colectiva que nos leve polo camiño certeiro de atopar ás mellores persoas, aos mellores candidatos para afrontar con garantías de transversalidade e de éxito para o reto que suporán os vindeiros comicios municipais”.

    Sen querer entrar en cifras concretas, Alfonso Rueda asegurou que este novo proceso de “facer un tipo de política que podemos cualificar de proximidade ao cidadán, de osixenación do discurso e dos modos de facer políticas, derivarán nunha obrigada renovación de nomes e ideas para liderar o proxecto do Partido Popular nunha porcentaxe moi ampla dos 61 concellos que conforman a provincia de Pontevedra. Temos a clara idea de que todo o mundo suma, pero tamén somos conscientes de que hai que adaptar o noso discurso e o noso xeito de actuar ás novas demandas que nos reclama a cidadanía deixando atrás comportamentos indesexables e caducos. Temos que ser quen de dar novas respostas ante retos diferentes e unha das características do noso partido é precisamente ser capaz de estar á altura en cada momento”.

    Dentro desta filosofía de “proximidade”, o Comité Executivo aprobou a realización dunha nova edición de revistas locais en todas e cada unha das agrupacións da provincia co fin de manter ese contacto directo coa cidadanía non só a través do alí escrito “senón, e o máis importante, para que esta revista sirva de compromiso, nuns casos, de escaparate, noutros e de ferramenta sempre de achegamento persoal entre os responsables do partido en cada lugar, en cada concello, coa cidadanía”.

    Rueda rematou convidando aos presentes a compartir un aperitivo e brindar polos galegos como “pobo inigualable formado por persoas que teñen na harmonía social e o diálogo as ferramentas para construír un futuro prometedor”.