Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Ángel Moldes: “Se hai unha desgracia e os bombeiros non chegan a tempo a única responsable vai ser a presidenta da Deputación”

    • Considera que Carmela Silva deixa tirados ao concellos da comarca de Pontevedra
    • “Ata hoxe só se escoitou unha proposta absurda por parte da Deputación que sería a creación dun novo parque no Campiño, algo que non entende ninguén tendo en conta que o parque de Pontevedra está ao lado e xa está construído.

     

    Pontevedra, 20 de decembro de 2017.- O voceiro do PP na Deputación, Ángel Moldes, lamenta que a Deputación de Pontevedra se quedara soa na negativa á  comarcalización dos parques de bombeiros. “A ver que vai dicir a partir de agora se ocorre algo. Esperemos que non pase nada, pero se ocorre unha desgracia e os bombeiros non chegan a tempo a única responsable será a presidenta da Deputación, Carmela Silva”, así de directo e contundente se amosou o voceiro do PP na Deputación, Ángel Moldes, que lamenta que a Deputación de Pontevedra sexa a única das deputacións galegas que se desmarca da proposta da Xunta de Galicia de comarcalizar os parques de bombeiros. 

    O voceiro popular considera que “é a mellor solución e os alcaldes sábeno e así o pediron. Había unha petición formal dos alcaldes de Ponte Caldelas, Barro, Poio ou Marín e incluso o alcalde de Pontevedra vía ben a comarcalización pero resultou que a que tivo que dar a nota sen propoñer nada foi a presidenta da Deputación de Pontevedra”.  

    Moldes lamenta que o que serve para as demais deputacións, para a FEGAMP e para todos os alcaldes da comarca, sen execepcións, non sirva para a Carmela Silva que en teoría debería representar aos concellos da provincia.

    A Xunta de Galicia, segundo explica Moldes, quería acabar cunha problemática que sofren os concellos da comarca de Pontevedra e aportaron unha solución que corrixiría esa problemática de emerxencias de maneira que a eses concellos puideran ir os bombeiros que estiveran máis próximos. Non hai que esquecer que en Poio houbo un incendio a menos de un quilómetro do parque de Pontevedra e tiveron que ir os bombeiros de Sanxenxo e Ribadumia. O mesmo aconteceu en Tenorio cando houbo que esperar polos bombeiros do Salnés porque aos de Pontevedra non lle correspondía esa zona a pesar de estar máis cerca.

    Volvemos a estar ante un exemplo de Deputación que goberna de costas aos concellos, de costas aos intereses dos alcaldes. “Hai que ter pouca vergonza para dicir que a Deputación de Pontevedra defende a autonomía local e que teñen que ser os concellos os que teñen que ter capacidade de decisión e facer o contrario do que piden”.

    Moldes lémbralle ademais que hai unha moción plenaria aprobada en moitos concellos da comarca de Pontevedra que piden que o parque sexa comarcalizado pero a sorpresa xorde agora ao atoparse coa falta de apoio da Deputación, e a única razón pola que non se apoia radica en que só quere confrontar politicamente, seguindo o modelo de Albel Caballero.

    A proposta que defenden os populares foi consensuada cos alcaldes, gusta aos propios bombeiros e satisface aos veciños, do outro lado non hai ningunha proposta máis que enfrontarse á Xunta e ao seu vicepresidente porque en lugar de pensar nos concellos prefiren seguir unha estratexia partidista. 

    “Ata hoxe só se escoitou unha proposta absurda por parte da Deputación que sería a creación dun novo parque no Campiño, algo que non entende ninguén tendo en conta que o parque de Pontevedra está ao lado e xa está construido. Sería un despilfarro máis ca innecesario”.

    “A única xestión que fai a presidenta e o único que lle preocupa a pesar de ser un servizo tan necesario é saír o día despois de que haxa unha desgracia para culpar á Xunta de Galicia, pero recordamos unha vez máis que as competencias en emerxencias nos concellos de menos de 20.000 habitantes son de deputación e a única deputación que lle dá as costas ás propostas dos concellos é a Deputación de Pontevedra e a súa presidenta. Se escoitase aos alcaldes mellor lles iría”, conclúe o voceiro popular.