Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • BESADA EXPLICA COMO PROPIA A REBAIXA DO IBI QUE FOI PROPOSTA POLOS POPULARES SALCEDENSES

    • Os Populares de Salceda de Caselas levaron a proposta ata en dúas ocasións ó Pleno e o Alcalde impediu a súa votación
    • Besada subiu o recibo da urbana nun 37% dende o 2011 e voltará a subilo nun 8% no 2018

     

    Mércores 27 de decembro de 2017. Despois do Pleno do pasado venres, os salcedenses espertaban ca noticia do Goberno Municipal explicando como propia unha proposta que, en realidade, foi presentada polo Grupo Popular de Salceda de Caselas o pasado 18 de Agosto e que, o mesmo Alcalde que presumiu nos medios de comunicación da mesma, chegou a vetar ata en dúas ocasións (Pleno de agosto e Pleno Extraordinario de novembro).

    “En primeiro lugar é importante destacar dous datos que non se mencionan, mais que son fundamentais para que os veciños e as veciñas comprendan o xeito de proceder e as mentiras do actual Goberno Municipal: Besada subiu o recibo da urbana (IBI) dende o ano 2011 nun 37% ós salcedenses e, por se fose pouco, ven de solicitar unha nova subida no recibo dun 8% para o vindeiro ano (2018)” explica o voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila

    Continúa o voceiro “A única realidade é que a medida que o Alcalde explica como propia nos medios de comunicación, foi presentada polo Grupo Popular o pasado 18 agosto a través dunha moción, como así o podemos demostrar con documentos oficiais do rexistro de entrada do Concello. A moción recollía, por unha parte, a redución do recibo do IBI para certos bens tales como galpóns, galiñeiros, almacéns para gardar apeiros de labranza, leña e similares –entre outros- e tamén a redución do recibo (urbana) para as familias numerosas que cumprisen certas condicións. Pois ben, non contento con subir o IBI, no Pleno de Agosto, o Alcalde impedía a votación e o debate desta proposta asegurando que el era o que mandaba e que era inviable. Pese a todo, este Grupo non desistiu e, ante a actitude dictatorial e irresponsable do mesmo, solicitou un Pleno Extraordinario para tratar o tema. No Pleno que tivo lugar o mes de novembro, voltouse a repetir a situación: O Alcalde vetaba a votación para rebaixar o recibo da urbana ós veciños.