Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Poio pide «unha solución definitiva» aos cortes de auga e roturas de tuberías

    • Piden a constitución dunha mesa de traballo e aproveitar o novo contrato da auga para implementar unha solución a longo prazo.
    • Recordan que despois de máis de 20 anos, o goberno de Luciano Sobral «non pode mirar a outro lado» e piden que deixe de vender «parches» e faga unha actuación en profundidade.

     

    Poio, 27 de decembro de 2017. A concelleira do PP Rocío Cochón pediu hoxe unha solución aos constantes cortes de servizo e roturas nas canalizacións de auga de Poio, despois da última avaría que deixou sen suministro a ducias de veciños de San Xoán este martes, nunha situación que se repite «con demasiada frecuencia».

    Cochón recordou que ao longo de 2016 presentou distintas preguntas e rogos na comisión municipal de urbanismo con relación a rebentóns e cortes de suministro en distintas parroquias, o que demostra a necesidade de atopar «unha solución a longo prazo» e levar a cabo, se é preciso, «unha actuación en profundidade sobre a obsoleta rede secundaria de Poio».

    «O que non se pode tolerar son cortes e asulagamentos cada 5 días», explicou Cochón, que relatou cortes e avarías ao longo da PO-308 en distintas parroquias e noutras zonas como Campelo. Para Cochón,

    Para a concelleira popular, a solución pasaría por que o o prego de condicións do novo contrato de auga inclúa unha solución á problemática específica de Poio, que probablemente pasaría por unha renovación da rede de tuberías “de baixa” que levan o suministro aos abonados: «Non é de recibo que en pleno século XXI, nun dos concellos que máis pagan polo suministro de auga, os veciños estean sufrindo esta situación».

    O contrato de suministro está pendente de sacar a concurso un novo contrato, despois de que se aprobase a prórroga do actual no pleno do mes de setembro, polo que, segundo Cochón, É o momento de sentarse nunha mesa de traballo cos técnicos para ver que melloras e investimentos incluirá a futura licitación «e pensar en sacala xa en vez de facer prórrogas. 

    Cochón dedicou unha palabra á «gran labor» dos operarios que «traballan con rapidez para que os veciños apenas noten os efectos das avarías», pero insistiu en que o problema require dunha solución definitiva, e criticou que o concello quixese vender «parches» que non solucionaron o problema subxacente: «o estado das canalizacións de abastecemento secundarias»

    Para Cochón, despois de máis de 20 anos na alcaldía, o goberno de Luciano Sobral non pode botar balóns fóra: «Se desde o concello concedes licencias para vivendas e negocios, se sabes que se constrúen casas ou naves e o suministro ven da mesma rede, tamén tes que saber o que dan as infraestruturas e previr e actuar en consecuencia».

    Segundo a popular, o deterioro da rede de suministro é unha proba máis da falta de prioridades do concello, ao que recriminou que dedique os seus esforzos orzamentarios a festas e fotos e ocupe o pleno con andrómenas –a última, o procés-, cando hai veciñanzas en Poio «que se lles rompen as tuberías cada tres días, que lles pasa o camión do lixo dúas veces á semana pagando o recibo máis caro, ou directamente que non teñen beirarrúas ou auga corrente».