Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP DO PORRIÑO PIDE QUE NON SE DÉ A ESPALDA AOS RONDALLEIROS

    • A cancelación do Concurso de Rondallas a última hora supón fallar  as máis de 1.300 persoas que participan nestas agrupacións, e que levan ensaiando dende finais de verán, pero tamén aos colectivos culturais e veciñais, aos concellos e ás decenas de miles de persoas que cada ano acuden ao IFEVI a disfrutar do seu traballo

     

    O Porriño, 29 de decembro de 2017.- O Partido Popular do Porriño lamenta as últimas novas que poñen en risco unha tradicional e arraigada manifestación cultural do sur da provincia, o concurso de Rondallas que dende fai décadas reune a miles de persoas no recinto ferial de Vigo.

    O Concello de Vigo informou á Federación de Rondallas da non realización de este evento, a poucos días da súa habitual celebración, deixando sen marxe a estes para buscar solucións alternativas que lles permitan levar a cabo o que é un dos certames culturais máis importantes de Galicia, tanto en en número de participantes como en número de persoas que acuden apoiando a eses rondalleiros de cada un dos concellos.

    "As rondallas son un dos nosos sinais de identidade, unha parte enraizada da nosa cultura que implica a multitude de persoas", apunta o presidente dos populares M. Alejandro Lorenzo , "o coidado e fomento das nosas tradicións e da nosa cultura é un deber para calquer administración".  É por iso que dendo o PP piden que "non se dé a espalda" a quenes manteñen viva esta tradición e non se lles roube a centos de persoas a oportunidade de poñer en escea o traballo que realizan durante meses, "eles poñen todo o esforzo e a ilusión, as administracións só deben poñer vontade e disposición para que esto sexa posible".

    E é que a cancelación deste evento supón fallar  as máis de 1.300 persoas que participan nestas agrupacións, e que levan ensaiando dende finais de verán, pero tamén aos colectivos culturais e veciñais, aos concellos e ás decenas de miles de persoas que cada ano acuden ao IFEVI a disfrutar do seu traballo.

    Dende que o goberno bipartito da Deputación de Pontevedra retirara este certame das actividades culturais, o evento pende cada ano dun fío."Debemos asegurar que este evento tan noso poña cada ano o punto e final ao Nadal do sur de Pontevedra, facer o preciso para garantir a celebración deste evento os vindeiros anos e que as agrupacións non vivan con incertidumbre", conclúe Lorenzo, "no Porriño temos dúas grandes formacións,  a Rondalla de Pontellas e a de Atios. Este ano Pontellas está animando as nosas rúas e Atios volverá a deleitarnos seguro co seu traballo.  Son dúas formacións que levan moitos anos traballando cunha dedicación e ilusión enormes e merecen as administracións e todos os colectivos poñamos todo o noso esforzo en  permitir que poidan amosar o seu traballo anual no IFEVI co recinto ateigado de xente".