Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Pontevedra volve a pagar 25.000 euros polo aluguer duns terreos sen uso

     O remate do 2017 xera outro pago á Comunidade de Montes de A Canicouva polo aluguer dos terreos nos que se ía instalar a planta de compostaxe,

    • Os populares lamentan que Lores este a tirar cos cartos dos pontevedreses xa que non existe nin tan sequera proxecto para a planta de compostaxe.
    • Composteiros Comunitarios en Campolongo e Monteporreiro. Dous meses despois o BNG de Lores segue sen informar sobre o número de unidades que instalará en cada barrio e tampouco determina a súa localización.

     

    Pontevedra 2, xaneiro, 2018.- “Pontevedra volve a pagar 25.000 euros polo aluguer duns terreos aos que non se lle está a dar ningún uso”, así o denunciou este martes o portavoz dos populares no Concello de Pontevedra, Jacobo Moreira.

    O remate do ano 2017 xera outros 25.000 euros de gasto para o Concello de Pontevedra co fin de pagar á Comunidade de Montes de A Canicouva o aluguer dos terreos nos que se ía instalar a planta de compostaxe, todo isto, a pesar de que ata o momento non existe nin tan sequera proxecto para dita instalación.

    Deste xeito, se suma xa un total de 50.000 euros, correspondentes ás dúas anualidades do 2016 e do 2017, respectivamente. “Lores e o seu Goberno están a tirar cos cartos dos veciños de Pontevedra”, lamentou o edil popular, que lle parece un “despropósito” que “o Goberno do BNG continúe pagando este aluguer sen ter determinado que se vai facer neses terreos, e que pola contra se negue a cumprir as demandas que lles solicitan os propios veciños, como por exemplo a reforma da rúa Lepanto ou a do Campo da Torre”. “Esta é a política de Lores: empregar os cartos dos veciños de Pontevedra en proxectos que non existen, mentres desoe as prioridades reais dos pontevedreses”, engadiu Jacobo Moreira.

    Composteiros Comunitarios en Monteporreiro e Campolongo.

    Dende a formación popular volven a solicitar información ao Goberno de Lores sobre o lugar e o número de composteiros comunitarios que van a instalar no barrio de Monteporreiro e tamén no barrio de Campolongo. Neste sentido, lembran que xa pasaron dous meses dende que lle pediron esta información ao Goberno local e que polo momento non houbo un pronunciamento firme ao respecto. “Continúa a incerteza tanto para os veciños de Monteporreiro como para os de Campolongo”, apuntou Jacobo Moreira, “esperemos que Lores lle solicitase ao novo ano máis coordinación e mellor xestión para o seu Goberno, tras comprobar a parálise que vén sufrindo Pontevedra dende hai moitos meses”, sentenciou o portavoz dos populares.