Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O abandono da Deputación da Finca de Mouriscade condéaa a ocupar os últimos postos no ránking de índices xenéticos que liderou co Goberno do PP

    • Pasa de ser un laboratorio punteiro na mellora da capacidade produtora e de calidade xenética a posicións casi testemuñais sendo superada ampliamente polo sector privado
    • Ramiro Varela considera que “nscusas de mal pagador por parte da Deputación de Pontevedra. Non pode tentar baleirar Mouriscade de contidos e de investimentos amparándose en cuestións relacionadas coa falla de competencias”.

     

    Lalín, 3 de xaneiro de 2018.- Ramiro Varela, deputado do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, ante os datos feitos públicos pola Asociación de Frisona Española (Conafe) que sitúa á Finca de Mouriscade nos últimos postos do ránking de índices xenéticos, acusa ao goberno bipartito do ente provincial de “abandonar por completo á súa sorte aos gandeiros do norte da provincia de Pontevedra que vén, incrédulos, como o pasotismo da presidenta da Deputación e dos seus socios de goberno sumen no caos e no descrédito científico a unha institución que en tempos do goberno do PP na administración provincial lideraba a calidade nesta materia non só en Galicia senón en España”.

    Varela considera un auténtico “despilfarro do auténtico capital científico e gandeiro que atesouraba co seu traballo a Finca de Mouriscade, auténtico centro de referencia en toda España nesta materia e que agora vese nunha situación inimaxinable no peor dos escenarios posibles. Xa levabamos tempo avisando e daqueles polvos veñen agora estes lodos e agora non vale mirar cara outro lado. Quen teña responsabilidade nesta materia que a asuma e os datos están aí. A Finca de Mouriscade está nunha situación de desafiuzamento científico por abandono dun goberno que tiña a obriga de velar polos intereses de todos os gandeiros da provincia nun sector estratéxico como é o gandeiro”, asegurou o deputado popular.

    “Desde logo nótase que a Finca de Mouriscade non é un proxecto da Deputación, non está nos seu punto de vista e de interese urbanita centrado en Vigo e en Pontevedra e moi afastado da realidade dos gandeiros e das persoas que vivimos no rural da provincia que parecera que temos outra realidade onde cuestións estratéxicas como a investigación e o apoio ás granxas de produción agrogandeira son secundarias”, indicou indignado Ramiro Varela.

    Para o deputado popular “si se tratara dun sector estratéxico para Vigo ou para Pontevedra a Finca de Mouriscade non tería un nivel de abandono tan grande e non é unha cuestión subxectiva senón que agora hai datos estatísticos que corroboran as denuncias que viñamos facendo desde hai tempo e advertindo que por ese camiño iamos mal, moi mal. Agora non basta con lamentarnos, temos que denuncialo publicamente para que os nosos veciños do norte da provincia o saiban e os nosos gandeiros coñezan a quen temos para que defendan os nosos intereses, a ninguén”, manifestou Varela.

    Segundo Ramiro Varela, a incongruencia da presidenta da Deputación e os seus socios de goberno “está á vista con só recordar os últimos anuncios que fixo no Concello de Lalín dando a coñecer o programa AgroTIC da Deputación do que dixo que era “una línea de actuación para que las empresas del sector primario puedan optimizar sus procesos productivos en búsqueda de una reducción de costes, procesos más eficientes, disponer de información en tiempo real y aumentar la calidad de los cultivos”. Toda unha auténtica declaración políticas baleirada pola vía dos feitos e dos datos que arroxa agora á cara dos gandeiros o ránking da Conafe”, dixo o deputado de Agolada.

    “PONSE OS GALÓNS NOS ACTOS DE INAUGURACIÓN E ABANDONA AO SECTOR”

    Para o responsable político do PP, “a Finca de Mouriscade ten que volver ser un centro de investigación, unha auténtica ferramenta para optimizar os procesos produtivos, aumentar a eficiencia da produción e aumentar a calidade do leite. Non basta con sacarse a foto, poñerse os galóns aproveitando para inaugurar o novo laboratorio de Mouriscade, aos poucos días de tomar posesión, pese a que non tivera absolutamente nada que ver na súa mellora, e logo deixar que o centro sen rumbo cara ao abismo e o abandono”.

    Varela lembrou que nos últimos 20 anos de goberno provincial, o apoio aos gandeiros e aos sectores produtivos primarios foi unha das prioridades dos sucesivos gobernos do PP provincia, como demostran a posta en marcha de proxectos pioneiros e experimentais como o de xenética de Mouriscade, a ampliación e modernización do Laboratorio -que xa era un dos referentes nacionais e europeos en alimentación inicial- e o impulso a investigacións necesarias para a mellora da rendibilidade agraria. Actitude que “contrasta co apagón inversor ao que quere condenar Carmela Silva á Finca de Mouriscade, trasladándolle á responsabilidade de investimentos a outras administracións”. Administracións coas que debe negociar para tentar asinar convenios, pero “non para que lle asuman o que lle molesta ou non lle interesa politicamente”.

    ESCUSAS DE MAL PAGADOR CO TEMA DAS COMPETENCIAS

    Por último, os populares esixen á presidenta da Deputación que non se escude en temas relacionados coa falla de competencias para desbotar o traballo feito en anos de investigación en Mouriscade. “Non caben escusas de mal pagador. Non pode tentar baleirar Mouriscade de contidos e de investimentos amparándose en cuestións relacionadas coa falla de competencias. Dicímoslle alto e claro que non se esconda, que non condene ao ostracismo a un sector punteiro no norte da provincia como é o gandeiro e que fale, que negocie coa Xunta todo aquelo que sexa positivo e que axude a apostar polo rural como xeito de vida, fixando poboación nos nosos pobos e mellorando as nosas razas gandeiras con programas de aumento da produtividade, a calidade e a mellora xenética e non deixe morrer de inanición institucións tan senlleiras como a Finca de Mouriscade que tanto esforzo e investimento público supuxo nos últimos anos”, indicou Ramiro Varela.