Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O Partido Popular de Pontevedra considera inadmisibles as acusacións de César Mosquera

     Os populares condenan os ataques e solidarizanse co deputado nacionalista, Uxío Bénitez.

    • No Partido Popular somos por desgraza os que máis sufrimos a diario este tipo de ataques e nunca se nos pasou pola cabeza dicir que era un partido político o que estaba detrás, aínda cando faltou unha condena expresa, explica Nidia Arévalo.
    • Os populares presentaron unha moción no que instan ao Goberno Provincial a iniciar por fin o diálogo cos traballadores e a buscar unha solución consensuada a este conflito.

     

    Pontevedra, 26 de maio de 2016.- O Partido Popular de Pontevedra considera intolerables as inxurias proferidas polo vicepresidente da Deputación, César Mosquera, e nas próximas horas estudará tomar medidas legais contra o deputado nacionalista polas declaracións realizadas nas que acusou ao Partido Popular de ser o “único responsable das pintadas” que apareceron esta mañá en varios concellos da provincia.

    Desde o Partido Popular non só queremos condenar estes ataques, senón que nos solidarizamos ademais co deputado nacionalista, Uxío Benítez, pero cremos que Mosquera non pensa o que di cando acusa ao Partido Popular de estar de detrás de todo isto, polo que lle esiximos unha rectificación, sinala a voceira popular.

    “Condenamos as pintadas, e calquera tipo de actos delictivos destas características, pero no Partido Popular somos por desgraza os que máis sufrimos a diario este tipo de ataques e nunca se nos pasou pola cabeza a ningún do PP dicir que era un partido político o que estaba detrás, incluso cando faltou unha condena expresa de algunha parte”, sinala Nidia Arévalo.

    “Esperemos que este tipo de actos non se volvan a repetir, pero non é o PP senón o Goberno Provincial o que pode parar todo isto, porque son os que están supostamente gobernando. Aínda que máis que gobernando poderíamos dicir paralizando a Deputación de Pontevedra”.

    Está claro que para eles a culpa sempre é do PP, cando goberna e mais cando non, e este é un bo exemplo. Unha actitude lamentable dun goberno capaz de poñer en contra aos traballadores en meses e que agora en lugar de sentarse e falar con eles, escúdase en botarlle a culpa ao partido que está na oposición”, subliña a voceira popular.

    Así difícilmente van arranxar nada. “Con chulería, prepotencia e botándolle por riba a culpa aos demais dos seus problemas , -lamenta Arévalo-,  quen explica ademais que no pleno que se vai celebrar mañá vaise debater unha moción presentada hai uns días polo Partido Popular no que se insta ao Goberno a iniciar por fin o diálogo cos traballadores e a buscar unha solución consensuada a este conflito.