Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Tomiño critica que nos orzamentos de 2018 se reduza o gasto real nun 50% con respeto o ano electoral 2015

    • O presuposto aumenta un 6% mentres as inversións disminuen por terceira vez no que vai de legislatura.
    • As  as parroquias volven a ser as grandes perxudicadas.

     

    Tomiño, 29 de decembro de 2017.- Na sesión plenaria celebrada onte pola tarde o Partido Popular de Tomiño votou en contra dos orzamentos de 2018 presentados polo grupo de goberno por consideralos, “un colchón de aforro de cara as vindeiras eleccións municipais”.

    O máis chamativo para o portavoz municipal do Grupo Popular, Esteban  González, é que diminúa o investimento real  que repercute no beneficio dos veciños de Tomiño mentres o presuposto aumenta en 430.000 euros con respeto a este ano.

    Segundo o voceiro popular, a unica partida que se aumenta e a de persoal, por motivo da recén aprobada RPT, algo tan demandado polos empregados do concello, que aumenta en algo máis de 100 mil euros.

    Uns orzamentos que supoñen, a criterio dos populares, un aumento na recaudación de impostos que non xustifica a falta de inversións que consideran insuficientes;recalcando que serán os tomiñeses quen paguen 119.000 euros máis de IBI ou o doble de taxa de lixo”. Este afan recaudatorio  da que pensar que xa se está pensando máis na próximo ano electoral que nos interes dos veciñós”. A modo de exemplo, o voceiro popular explica que o investimento real pasa dos 900.000 euros de 2015 aos 500.000 en 2016, 483.000 neste 2017 e 460.000 para o próximo ano, o que supón unha redución de un 50%, polo que se ve reducido o gasto en saneamento, en pavimentación ou mellora de camiños e distintas melloras nas parroquias.

    Nestes recortes cabe destacar a rebaixa na partida o comercio, que se ve reducida de 25.000 euros de hai dous anos a escasos 5.000 para o ano que ven; sobre esta cuestión non se me deu resposta algunha, pedindo mesmo trato para os comerciantes que o mercado municipal, recalca Gonzalez Miranda.

    A partida para as Comunidades de augas considerámola insuficiente para a cometer todas a melloras necesarias e que están sendo acadadas gracias o Plan de axudas da Xunta de Galicia, que no seu día eran axudadas pola Deputación. O portavoz municipal popular, volve a facer petición ao goberno municipal :” que todo o montante que sea recibido do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra sexa invertido no seu 100% a saneamento”; xa que as parroquias serán unha vez máis as verdadeiras perxudicadas, afirma, Esteban González.