Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • “Mosquera recoñece que o bipartito se sostén por intereses de comenencia política en medio de graves disfuncións e desequilibrios que favorecen aos concellos socialistas”

    • Ángel Moldes desvela “o malestar dos nacionalistas cos seus socios despois de que o PSOE repartira entre os seus alcaldes o 60% dos 15 millóns do Plan de Reequilibrio para que Regades gañara o seu congreso provincial”
    • “O vicepresidente descubriu o que era un segredo a voces: a relación idílica do bipartito só funciona no momento en que hai un reparto equitativo entre ambas as dúas partes do botín no que se están a converter os orzamentos da Deputación”

     

    Pontevedra 13 de xaneiro de 2018.- O voceiro do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, Ángel Moldes, saiu ao paso das declaracións aos medios feitas polo vicepresidente nacionalista do ente provincial, César Mosquera, para sinalar que “o almorzo cos xornalistas só serviu de terapia, de berrinche para recoñecer que o bipartito se sostén por intereses de comenencia política en medio de graves disfuncións e desequilibrios que favorecen aos concellos socialistas”.

    Ángel Moldes sinalou que “non fai falla saber ler moito entre liñas para comprender que o cabreo de Mosquera venlle polo reparto caciquil e feito a medida que desde as bancadas socialistas se puxo en marcha a través do Plan de Reequilibrio e que está a motivar o enfado dos rexedores nacionalistas que ven con asombro como lle gañaron a partida pola man. A súa actitude desvela o malestar dos nacionalistas cos seus socios despois de que o PSOE repartira entre os seus alcaldes o 60% dos 15 millóns do Plan de Reequilibrio para que Regades gañara o seu congreso provincial logrando os apoios que foran precisos para encarmarse ao timón dun barco sen rumbo no que se está a converter o PSOE despois das primarias disputadas entre “auténticos cabaleiros” enfrontados”.

    Moldes sinalou tamén dun xeito informal que “ao final vai ser que o Sr. Mosquera e máis eu imos ter máis cousas en común do que parece ao confirmar pola vía dos feitos as denuncias que o Partido Popular viña facendo desde o momento en que se anunciou o Plan de Reequilibrio que non era máis que unha manobra feita a conciencia, feita a medida, para favorecer os intereses dos concellos gobernados polo PSOE. De 12 proxectos presentados por alcaldes socialistas aprobáronse todos menos un, mentres que dos 22 entregados por municipios do PP máis da metade, 12 exactamente, foron eliminados dun plumazo. Resultado similar tiveron os nacionalistas, de 5 presentados 3 contaron co visto e prace e 2 foron desestimados. Máis grave é o dos alcaldes independentes, de 4 proxectos presentados só pasou a criba un”.

    Para o dirixente popular “o vicepresidente descubriu o que era un segredo a voces: a relación idílica do bipartito só funciona no momento en que hai un reparto equitativo entre ambas as dúas partes do botín no que se están a converter os orzamentos da Deputación e cando hai intereses partidarios de por medio acabouse o fair-play entre eles”.

    Ángel Moldes animou a que César Mosquera, “dentro da súa incansable xustificación de que todo se fai baixo un “criterio de equidade” e de baremar todo o habido e por haber, quero dicirlle que sexa valente e dea un paso á fronte e reevalúe os proxectos que foron rexeitados, os dos alcaldes nacionalistas que o están presionando, os dos independentes e tamén os da gran maioría dos que foron rexeitados arbitrariamente, os do Partido Popular, para evitar que se acaben presentando todo tipo de recursos a cargo dos concellos marxinados por unha política que entende pouco de aplicar a mesma vara de medir para todos”, concluíu o voceiro do PP na Deputación de Pontevedra.