Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O GRUPO POPULAR ASEGURA QUE A OPOSICIÓN SÓ DEFENDE Á FLOTA DE BAIXURA “CANDO TRATA DE FACER A FOTO E AGARRARSE ÁS PANCARTAS”

    Os deputados Jose Manuel Balseiro e Berta Pérez censuraron que socialistas, nacionalistas e AGE votasen en contra do plan de apoio á flota costeira artesanal no Parlamento 

     

    • O plan deseñado pola Consellería do Mar contén seis medidas concretas para mellorar a competitividade do sector e as condicións de traballo dos seus profesionais e propón destinar a este fin recursos do novo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca

     

    Bueu, 25 de maio de 2016.- Os deputados do Grupo Popular José Manuel Balseiro e Berta Pérez denunciaron esta tarde que os grupos da oposición en Galicia só defenden á flota de baixura “cando se trata de sacar a foto e agarrarse ás pancartas”, mentres que despois rexeitan e buscan bloquear as iniciativas de apoio a este sector que se impulsan desde a administración.

    Balseiro e Pérez censuraron que socialistas, nacionalistas e Alternativa Galega de Esquerdas votasen en contra do plan de apoio á flota costeira artesanal, que foi aprobado onte no Pleno do Parlamento de Galicia exclusivamente grazas a maioría absoluta do Grupo Popular

    Os deputados populares reproban a actitude das forzas políticas da oposición e sinalan que só se preocupan dos profesionais da pesca de baixura e do marisqueo “cando poden aproveitarse deles e sacar réditos partidistas, pero á hora da verdade non están aí e votan en contra dos seus intereses, molestos porque sexa o Grupo Popular e o Goberno galego quen leve a iniciativa en defensa deste sector”. Por este motivo, desde o Grupo Popular séntense na obriga de “desenmascarar aos partidos da oposición” ante a opinión pública e ante os homes e mulleres do mar en Galicia.

     PLAN DE APOIO Á FLOTA ARTESANAL

    O plan deseñado pola Consellería do Mar e aprobado onte na Cámara galega contén seis medidas concretas para mellorar a competitividade do sector e as condicións de traballo dos seus profesionais e propón destinar a este fin recursos procedentes no novo FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca)

    O Grupo Popular defende que se dea prioridade a este segmento de flota no acceso ás axudas e subvencións que no futuro se establezan, a posta en marcha dun plan de emprego orientado á incorporación de mozos nas embarcacións de baixura, a revitalización dos criadoiros de moluscos bivalvos, o fomento de medidas para a mellora da comercialización, o impulso das marcas de calidade e denominacións de orixe protexida nos produtos do mar e novas axudas para a mellora e modernización da flota costeira artesanal.

    Desde o PPdeG conclúen que “á hora de traballar polo sector da pesca en Galicia temos na oposición o peor inimigo, só así se explica que voten en contra dun plan de apoio á flota costeira artesanal que incorpora estas iniciativas obxectivamente positivas para o sector”. Ademais, sinalan que o catálogo de medidas non estaba pechado e levouse ao Parlamento precisamente para que puideran incorporar novas propostas algo que desde a oposición non quixeron facer.

    FLOTA DE BAIXURA

    A flota de baixura representa en Galicia a máis de 5.000 tripulantes que desenvolven a súa en 3.500 buques de pesca, isto é, máis do 85% do total da flota pesqueira, un sector que achega o 22% do total dos de peixes e mariscos frescos na nosa comunidade.

    Só en localidades como Bueu hai máis de 124 buques pertencentes á flota costeira artesanal, entre embarcacións de artes menores, cerco e arrastreiros que operan en augas galegas e do caladoiro nacional.