Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP lamenta que o Concello da Guarda non teña peso político na Deputación e acepte pagar con fondos propios o arranxo da rúa Concepción Arenal, de titularidade provincial

    • O deputado popular Santiago Rodríguez Davila e a voceira do PP na Guarda, Conchi Ortega, reuníronse na sede de Acigu, con membros desta asociación, veciños e  colectivos afectados, escoitaron o que consideran “a normal preocupación ante unha obra necesaria pero non a calquera prezo”

     

    A Guarda, 17 de xaneiro de 2018.- A portavoz de o PP de A Guarda, agradece o deputado popular Santiago Rodríguez Davila que aceptase o convite de Acigu, para celebrar unha xuntanza de achegamento e contacto directo coa preocupación cidadá no que puideron coñecer de primeira man os motivos da oposición deste colectivo ás pretensións da Deputación de Pontevedra e do goberno local de realizar unha obra complexa nunha vía neurálxica para a vila sen que se coñeza en profundidade o proxecto e, polo tanto, se poida alegar en tempo e forma.. Agradecer a Acigu, a organización da reunión que foi todo un éxito, a sala quedou pequena para tantos afectados que pedían explicación deste proxecto.

    Os presentes na xuntanza,  que tamén agradeceron a presenza do deputado popular, manifestaron a súa inquedanza por unha obra da que aseguran descoñecer os detalles suficientes pese a que se trata dunha vía de acceso ao porto e que ten unha importancia capital, sobre todo no verán, momento no que terán que convivir as obras coa actividade económica que supón nesta época o turismo, esta foi unha das grandes preocupación na reunión, eses 10 meses de obras, na arteria mais importante de a Guarda. 

    Os afectados consideran que debería establecerse un prazo amplo e canto antes de exposición pública do proxecto a executar coa intención de que se puidera alegar para evitar danos maiores como a supresión de prazas de aparcamento, cambio de dirección, accesos a garaxes e propiedades, etc.  .

    Pola súa parte, Santiago Rodríguez  sincerouse cos presentes ao recoñecer que foi unha “auténtica sorpresa” o feito de que o Concello da Guarda “aceptase sen rechistar a imposición dun convenio que obriga a pagar con cargo ás arcas municipais o 30% total do investimento a través dun acordo que hipotecará as arcas municipais ao impoñerlle o pago de 500.000 euros cando o arranxo desta rúa é unha obriga da Deputación como ten feito noutros concellos onde o ente provincial asume o 100% do orzamento do investimento, incluso en rúas municipais como en Pontevedra recentemente mediante un convenio”.

    A voceira popular  Conchi Ortega, manifestou que nunca puideron achegar ideas, que intentaron ser construtivos, pero que non coñeceron o proxecto ata que estivo acabado e aprobado “preguntamos polo proxecto moitas veces pero incluso no mesmo día que se convocaba o pleno para aprobalo, o Alcalde me dixo que xa me enteraría; Votamos que non a este convenio polo esforzo económico que lle toca soportar a Guarda, pola falta de transparencia co grupo municipal popular, pola falta de información os veciños e colectivos afectados. 

    Os representantes populares achacan esta decisión á “falla de peso político do goberno da Guarda no bipartito da Deputación e obedece a un pacto entre PSOE e BNG en Pontevedra, ás costas dos veciños e comerciantes do noso municipio coa clara intención de non desairar os compromisos do Plan de Mobilidade do BNG coa intención de realizar futuras peonalizacións. Chegouse a un acordo sen contar coa opinión do pobo, un acordo estritamente político baseado na procura da rendabilidade electoral para ambos os dous partidos.

    UNHA OBRA NECESARIA E RECLAMADA POLO PP DESDE HAI 2 ANOS

    Pola súa banda, os representantes do PP reiteraron aos veciños e comerciantes a súa aposta pola arranxo e mellora da rúa Concepción Arenal “pero non a calquera prezo nin de calquera xeito cando é unha vía de titularidade da propia Deputacións a ela lle compete en exclusiva o seu arranxo e mantemento. Nós levamos dous anos pedindo insistentemente que se invista desde a Deputación no concello da Guarda e concretamente no arranxo desta rúa, pero non a costa de que se hipoteque aos pequenos concellos cando sabemos, e presumen delo, que a Deputación está asinando convenios millonarios coas grandes vilas en lugar de axudar aos municipios máis modestos e que precisan do pulo do ente provincial para avanzar”.

    Finalmente, Rodríguez e Ortega agradeceron o clima e a franqueza amosada por veciños e comerciantes  afectados polas obras da rúa Concepción Arenal e apostaron por unir esforzos a prol do ben común e na defensa dos intereses xerais dos veciños e veciñas da Guarda para que “non se vexan marxinados ante unha actuación claramente dañina para as arcas municipais ao ter que facer fronte ao pagamento dun investimento que non lle é propio, tamén dañina para o aparcamento polas prazas que suprime, mentres que non soluciona a saída de autobuses e camións do Porto, na espera de outra solución. Eles saben que non poden chegar ante os electores da Guarda coa asignatura pendente da rúa Concepción Arenal. Nós ímosllo recordar, pero non é de recibo que pretendan cubrir o expediente a costa dos cartos dos veciños e veciñas da Guarda e sen contar ca súa opinión”.