Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • DAVILA ACUSA A BESADA DE RETRASAR AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN CUN CLARO FIN ELECTORALISTA

    • O Alcalde non sustituirá as mangueiras de abastecemento de auga das rúas en cuestión a pesar do seu deterioro, caudal e falta de presión.

     

    Martes 23 de xaneiro de 2018.- A pasada semana daban comenzo no Concello de Salceda de Caselas, as obras de humanización das rúas Rafael Tilve Adrio e Coruña, unhas obras enmarcadas no Plan Concellos do ano 2016 e que “poderían estar feitas hai preto de dous anos, mais que debido á irresponsabilidade do Alcalde e á intención de sacar rédito político das mesmas de cara ás eleccións municipais”, foron pospostas ata este ano 2018, segundo explica o voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila.

    Continúa o diputado “Este Grupo xa viña advertindo ós veciños/as dende hai máis dun ano das intencións do Alcalde: A única realidade é que Besada tivo máis de dous anos para realizar a humanización das rúas, no entanto, preferiu esgotar o prazo máximo de execución das obras e comenzalas en Plena campaña de Nadal, prexudicando así a empresarios, comerciantes e veciños da zona. Finalmente, gracias á prórroga do Plan Concellos acordada polo Pleno da Deputación e ás reivindicacións de veciños e empresarios, puido retrasarse a execución das mesmas”

    Asimesmo, os populares amosan o seu malestar ca xestión das obras por parte do Goberno Municipal: “Non contento con retrasar as obras e prexudicar ó salcedenses, vimos de coñecer que o Alcalde non sustituirá as mangueiras de abastecemento de auga potable das rúas arriba mencionadas que dan servicio a vivendas e comercios, o cal consideramos un grave erro por varios motivos. En primeiro lugar, debido ó tempo transcurrido dende a colocación das mesmas -máis de 34 anos- que fai que a mangueira colla pouso o que non é problemático para a calidade da auga. En segundo lugar debido ós materiais empregados para a súa fabricación, así coma polas roturas que xa tiveron en anos anteriores e que se están a producir, xa que durante as obras descubriuse a existencia de varias fugas. Tamén, porque as necesidades foron cambiando co paso do tempo e, actualmente, a presión do caudal de auga non é suficiente para dar servizo a todas as familias e comerciantes; para rematar, porque o custe da sustitución das mangueiras é ínfimo comparado co custe total da obra (nin un 1%). Lembren que nestas obras, o Concello de Salceda de Caselas non pon nin un só euro, polo que a mellora da que estamos a falar é completamente factible. 

    Esta é tan só unha proba máis de que o Alcalde que se enche a boca falando da Salceda das persoas, goberna en realidade promovido por un fin electoralista, de costas ós veciños e sen importarlle o máis mínimo as necesidades que poidan ter.

    De non ser así, tería incluido estas melloras no proxecto que, por certo, foi elaborado polo propio Goberno, ou permitiría que os membros da corporación colaborásemos no mesmo. Que lle pregunten ós salcedenses cantas obras se leva feito no Concello nos últimos tres anos”.

    O grupo popular xa presentou por rexistro no Concello un ROGO para solicitar o goberno, e en concreto o Alcalde, que recapacite e decida cambiar a mencionada mangueira, “é lóxico, de sentido común, non ten explicación nin xustificación o non facelo e é moi grave e irresponsable non lévalo a cabo cando estamos a falar da auga potable para consumo humano e polo tanto de saúde pública”, remata o deputado e voceiro.