Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP recorda que sempre estivo contra o peche dos centros de Saúde, a diferencia dun Bipartito que «renega do seu propio convenio», e reta a Sobral a facer público o borrador acordado por PSOE e BNG

    • Ángel Moldes acusa a BNG e PSOE de «dicir unha cousa nos despachos e despois ser incapaces de defendela ante a xente» polo que xa non teñen credibilidade nin cos veciños nin co resto de administracións.
    • Recalca que o PP «sempre estivo en contra do peche de Raxó, Combarro e Anafáns», ao contrario que o equipo de Sobral,  que «renega do seu propio convenio» ante a reacción dos veciños incluidos os seus afiliados e simpatizantes.
    • Para os populares, o Bipartito actúa cos centros de Saúde como coa Depuradora, o PXOM ou o regulamento do cemiterio: «asústanse e collen o camiño fácil, mentir» ata o punto que «a palabra de Sobral e o seu goberno xa non vale nada».

     

    Poio, 24 de xaneiro de 2018. O presidente do Partido Popular de Poio Ángel Moldes recordou hoxe a Luciano Sobral que a postura do PP sobre o peche dos Centros de Saúde «nunca cambiou», e sentenciou: «Para que lle quede claro, nós non apoiamos o peche nin de Raxó, nin de Combarro nin de Anafáns que o Bipartito propuxo e do que agora quere renegar».

    Pola contra, explicou Moldes, o BNG e PSOE foron cambiando de postura e de versión cada día, «e agora non teñen credibilidade nin ante os veciños nin ante as demais administracións», polo que a única maneira de saber quen di a a verdad é «que amosen a proposta de convenio que eles mesmos redactaron».

    O PP solicitou onte unha copia do borrador do texto do convenio entre Bipartito e Sergas cunha solicitude ante o Concello e o organismo autonómico, pero recordou que se Sobral quere demostrar que di a verdade, o ten moi fácil: «que o amose xa e nos aforre a espera, pero non o fará porque destaparía as súas mentiras».

    Para Moldes, as contradicións dos responsables do Bipartito poñen en evidencia a falsidade das súas declaracións os últimos días: «Agora negan que o borrador do convenio fale de peche. Pero se hai dous días uns e outros se “desmarcaron” do convenio que incluíses o peche!» e recordou que PSOE e BNG teñen o borrador na mesa desde hai meses e que eles mesmos acordaron a súa redacción, polo que «saben perfectamente que inclúe o peche. O puxeron eles!».

    Para Moldes, o problema é que unha vez máis, nun asunto da máxima importancia, os membros do Bipartito estiveron aguantando para non ter que dicir a verdade, algo que xa sucedeu cando o departamento de urbanismo se equivocou coa edificabilidade dunha parcela e imposibilitou a reforma de Anafáns, e se repite agora cando «queren renegar do seu propio convenio», un texto que leva meses no concello «e agora que chega o pleno e tiñan que facelo público colleron medo da reacción da xente á súa proposta, incluidos os seus afiliados e simpatizantes».

     «Xa pasou con infinidade de proxectos: a depuradora, o regulamento do cemiterio, as beirarrúas, o PXOM...», explicou Moldes: «nos despachos din unha cousa pero cando teñen que defender as súas propostas ante os veciños bótanse para atrás. A palabra de Sobral e o seu goberno non vale nada».

    Moldes indicou que ningún dos dous socios do Bipartito podía botar balóns fóra ou botarlle as culpas ao outro, e preguntou «cantas reunions houbo para redactar e negociar o convenio? Non estaban BNG e PSOE en todas esas reunións? Como poden agora desmarcarse e desdicirse do que eles mesmos propuxeron?»

    Moldes indicou que o Bipartito o ten moi doado para demostrar quen di a verdade: amosar o Borrador do Convenio que eles mesmos acordaron co Sergas. «As palabras as leva o vento, pero os papeis din a verdade», explicou Moldes. O problema é que neste asunto a verdade é que foron o propio alcalde e todo o seu equipo de goberno os que estiveron de acordo co peche de Combarro, Raxó e Anafáns.