Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O Goberno de Lores esconde os datos sobre os residuos que envía a Sogama

    “Ata o mes de setembro, o Concello de Pontevedra non só non reducira o envío de residuos a Sogama, senón que incluso esta cantidade viuse incrementada”, 

    • Os populares volven a denunciar a opacidade do BNG pasados máis de tres meses dende que solicitaron esta información que aínda non foi remitida.
    • Os datos ata o mes de outubro, aos que tivo que acceder o PP a través do Parlamento de Galicia, cuestionan as afirmacións realizadas onte por Mosquera nas que falaba dunha redución do 5%.
    • Ante o silencio do Goberno de Lores, Jacobo Moreira volveu a solicitar os datos a ano pechado a través do Parlamento galego.

     

    Pontevedra 24, xaneiro, 2018.- Jacobo Moreira denunciou este mércores que o Goberno de Lores continúa ocultando ao Partido Popular a cantidade de residuos que o Concello de Pontevedra remite a Sogama, datos que foron solicitados o pasado mes de outubro e aos que “tres meses despois seguimos sen ter acceso”, puntualizou o portavoz popular.

    “O feito de que o Concello estea a tapar estes datos deixaba intuír que non debían ser moi bos para o Goberno de Lores”, lembrou o portavoz dos populares que ante o silencio dos nacionalistas viuse obrigado a solicitar esta información a través do Parlamento de Galicia.

    Deste xeito, no mes de novembro, os populares puideron avanzar que “o Concello de Pontevedra non só non reducira o envío de residuos a Sogama, senón que incluso a cantidade incrementouse durante varios meses nos últimos dous anos”. Concretamente, e poñendo como referencia os nove primeiros meses do ano, o Concello de Pontevedra enviou 45 toneladas de residuos orgánicos máis en 2017 que no mesmo período do ano anterior, 2016 ; e 394,94 toneladas máis que no mesmo período do ano 2015. 

    Ante esta situación, os populares cuestionan hoxe as afirmacións realizadas no día de onte polo concelleiro nacionalista e Vicepresidente da Deputación, César Mosquera, nas que aseguraba que Pontevedra reduciu un 5% os residuos que traslada á planta de Cerceda. “Pois de ser certos, non terían inconveniente en trasladarnos os datos solicitados”, argumentou Jacobo Moreira.

    Ante a opacidade amosada polo Goberno de Lores con respecto aos datos que lle solicita o Grupo Popular, o portavoz dos populares volveu a solicitar a través do Parlamento de Galicia “esta información a ano pechado”. 

    “Ata o mes de setembro os datos reflectían todo o contrario ao que onte afirmaba Mosquera; se a tendencia nos tres meses seguintes foi a mesma, a información aportada polo edil nacionalista sería unha gran mentira”, sentenciou Jacobo Moreira.