Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP reclama maior transparencia e igualdade no acceso ás subvencións do Concello da Guarda e avoga por evitar posibles arbitrariedades a través da aprobación dunhas bases reguladoras

    • A concelleira Conchi Ortega presenta unha moción, para ser debatida este vernes no Pleno, que poría fin aos reparos e advertencias de Intervención ante a falla dun Plan Estratéxico de Subvencións como recolle a normativa vixente

     

    A Guarda, 23 de xaneiro de 2018.- A voceira do PP no Concello da Guardia, Conchi Ortega, presentou unha moción para que sexa debatida no seguinte pleno da Corporación demandando unha maior transparencia e igualdade de oportunidades a través da posta en marcha polo equipo de goberno dunhas bases que baremen axeitada e obxectivamente o proceso de concesión de subvencións a entidades asociativas do municipio no eido da cultura, o deporte, etc. tal e como figura na Lei Xeral de Subvencións e unha vez vistas as advertencias reiteradas e os reparos que reflicten os informes técnicos da Intervención Municipal, os derradeiros .

    Conchi Ortega na defensa da súa moción argumenta que a aprobación dunhas bases previas “axudaría a borrar calquera sombra de dúbida, de posibilidade de escurantismo e incluso de arbitrariedade á hora de que se concedan as axudas aos distintos clubes ou entidades do tecido asociativo do noso municipio, tal e como dispón a normativa vixente”.

    Ortega basea a súa argumentación na necesidade de “ademais de facer un procedemento limpo, transparente e equitativo para todos os colectivos sociais, culturais e deportivos, queremos gañar en tranquilidade para todos os beneficiarios non vaia a ser que por cuestións técnicas e administrativas ao terse feito mal teñan que voltar cartos que xa foron gastados en actividades, pero por non haber unha seguridade xurídica teñan que devolvelos. Non sería o noso desexo, pero ninguén estaría deslixitimado para defender os seus intereses cunha reclamación que puidera ser estimada”.

    Finalmente Conchi Ortega incidiu no “espírito positivo” da súa moción coa intención de “evitar faladurías” e prexuízos sobre “repartos arbitrarios” e predeterminados de subvencións “acolléndonos para iso a unha norma clara, aprobada en pleno, cunhas bases e uns baremos ponderados que poidan facer máis eficiente e equitativo o reparto dos recursos públicos en función de proxectos ou iniciativas e non preferencias que puideran ser interesadas ou non, pero que deste xeito e coa axuda dos técnicos e a lexislación vixente poderían corrixirse o máximo posible en beneficio de todos os colectivos representativos do amplo tecido asociativo do noso municipio”, conluíu a voceira popular.