Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Lores segue ocultando en que sitios de Monteporreiro e Campolongo vai instalar os composteiros

     Os populares trasladan á Comisión de Urbanismo e Medio Ambiente unha serie de cuestións co obxectivo de que o Goberno do BNG “diga claramente que vai facer”, 

    • Os veciños de Monteporreiro seguen coa incerteza sobre como se vai resolver finalmente o conflito.
    • En Campolongo descoñecen a localización dos composteiros comunitarios, a pesar de que a Tenente de Alcalde anunciou que esta información se faría pública en setembro do 2017. “Catro meses despois o BNG segue en silencio”.

     

    Pontevedra 25, xaneiro, 2018.- Ante as últimas manifestacións realizadas polo Goberno do BNG respecto á implantación da compostaxe comunitaria no municipio, os populares solicitarán información sobre a localización dos 300 composteiros que o Concello de Pontevedra comprou o pasado ano 2017, por máis de 137.000 euros, e que se ían instalar en Monteporreiro e Campolongo.

    Así, a través dunha serie de preguntas que trasladarán á vindeira Comisión de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Medio Ambiente, a formación que encabeza Jacobo Moreira esixe saber o lugar e a cifra de unidades modulares que o Goberno de Lores ten pensado instalar no barrio de Campolongo, ao mesmo tempo que solicitan “que se diga claramente que sucederá coas unidades modulares pensadas para Monteporreiro”.

    “Parece ser que Lores está recapacitando sobre as consecuencias do conflito xerado cos veciños de Monteporreiro tras as queixas veciñais pola súa nefasta xestión”, manifestou o portavoz dos populares, “pero seguen ocultando o lugar no que teñen pensado instalar os composteiros en Campolongo, a pesar de que esta información, segundo anunciara a propia Tenente de Alcalde, Carme da Silva, se ía facer pública no mes de setembro”, engadiu. Neste sentido o Grupo Popular lembra que “esta opacidade non fai máis que medrar a incerteza coa que conviven os veciños deste barrio dende hai varios meses”.

    “Sabemos que o Concello de Pontevedra conta con 300 unidades modulares a instalar nestes dous barrios do municipio, pero descoñecemos o seu futuro”, apuntou Jacobo Moreira, quen esixe ao BNG de Lores “transparencia” nesta decisión e que manteñan informados aos veciños sobre as posturas que van acadando.

    “Se Lores e o seu Goberno cambiaron a súa idea sobre a implantación da compostaxe en Monteporreiro e Campolongo deben dicilo con claridade e informar aos veciños sobre o que van facer nos vindeiros meses”, sentenciou o portavoz dos populares.