Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PARTIDO POPULAR PÍDELLE A ANDRÉS DÍAZ QUE BUSQUE UNHA SOLUCIÓN A SITUACIÓN DE ABANDONO DO CÉSPEDE ARTIFICIAL DO CAMPO DE FÚTBOL EN LUGAR DE ESTAR NUN ENFRONTAMENTO ESTÉRIL PERMANENTE CON TODO O MUNDO

    •  Denuncia a súa continua “deixación de funcións e nula xestión para buscar o protagonismo personal en liortas que non benefician á cidadanía”

     

    Ponte Caldelas, 29 de xaneiro de 2018.- O Partido Popular de Ponte Caldelas saiu ao paso das últimas liortas na que se ten metido o alcalde socialista Andrés Díaz para recordarlle as moitas necesidades que adolece o municipio por mor da súa falta de xestión e capacidade de entendemento coas institucións “incluso as gobernadas polo seu partido” e instouno a abordar canto antes o cambio do céspede de herba artificial do campo de fútbol de Chan da Barcia que se atopa, despois de esgota-la súa vida útil, nunha situación lamentable.

    A voceira do Partido Popular, Inés Sánchez, lembroulle novamente ao alcalde pontecaldelán que o cambio de céspede é unha prioridade para Ponte Caldelas e a súa escola de fútbol base na cal participan asiduamente máis de 130 rapaces e rapazas así como innumerables practicantes deste deporte que se dan cita asiduamente en Chan da Barcia.

    Lembrou tamén que as malas relacións que Andrés Díaz mantén coa Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra fan moi difícil atopar colaboración institucional para este fin polo que préganlle que “dignifique a política local e se deixe de facer o ridículo con enfrontamentos estériles con quen ten obriga de se entender e colaborar para buscar o maior número de investimentos para un concello modesto como é Ponte Caldelas”. 

    “Así, Andrés Díaz está condeando a Ponte Caldelas a perde-lo tren do progreso que están a coller outros municipios da contorna que lonxe de basear a súa político nun enfrontamento personalista estéril buscan os recursos necesarios para facer progresar aos seus territorios convertindo a súa ineficiencia nun berrinche de rapaz pequeno ao que todo o mundo lle ten manía: A Xunta, a Deputación e Carmela Silva, por ser amiga de Caballero, ou calquera veciño que non estea disposto a pasar polo aro dos seus antoxos”, manifestou Inés Sánchez.