Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Jacobo Moreira: “Un Goberno que non goberna, empobrece a cidade”

     “Que Pontevedra sexa a cidade galega coa taxa de paro máis alta non é casualidade, é o reflexo das políticas do BNG de Lores”, 

    • O portavoz popular denuncia a falta de xestión do Goberno de Lores, unha actitude que está a prexudicar aos veciños de Pontevedra.
    • As obras de remodelación do edificio de Benito Corbal podería estar xa iniciadas pero a Xunta continúa esperando pola licencia solicitada o pasado mes de outubro.
    • Redución do IBI. Os populares solicitan a incorporación dun terceiro punto á moción conxunta: instar ao Goberno de Lores a reducir un 10% este imposto.

     

    Pontevedra 30, xaneiro, 2018.- “A falta de xestión do Goberno de Lores está a prexudicar seriamente aos veciños de Pontevedra”. Así o denunciou este martes o portavoz popular, Jacobo Moreira, “un goberno que non goberna, empobrece a cidade”, apuntou.

    Como exemplo desta “nefasta xestión”, o edil popular fixo referencia á licenza solicitada o pasado 14 de outubro pola Xunta de Galicia para iniciar as obras de remodelación do edificio de Benito Corbal. “Unhas obras que poderían estar xa en marcha este mesmo mes de xaneiro, pero se están vendo atrasadas debido á desidia do Goberno do BNG”, sinalou Moreira en declaracións aos medios, “4 millóns de euros, numeras asociacións e colectivos e mesmo a Universidade esperan a que Lores faga o seu traballo”.

    Para os populares os únicos prexudicados ante esta situación son os pontevedreses. “Co alumeado da ponte de A Barca ocorreu algo similar”, lembrou Jacobo Moreira, “un problema que teríase solucionado antes, se Lores non antepuxese as súas loitas políticas ao benestar dos veciños de Pontevedra”. Nesta liña, o edil popular lamentou que o Alcalde de Pontevedra non fora capaz de poñerse de acordo co seu homólogo en Poio para así contratar a unha mesma empresa para que fixese o traballo en lugar de a dúas, unha por municipio.

    “A falta de xestión non só afecta aos proxectos públicos de interese xeral, senón que incluso este problema está a verse en proxectos do propio Goberno”, puntualizou Jacobo Moreira, quen puxo como exemplo a falta de planificación e de xestión do BNG coa implantación da compostaxe ou coa serie de contratos prorrogados como do da Auga, o do Lixo ou o das Piscinas de Campolongo”.

    “Se isto sucede con proxectos públicos, imaxínense cun proxecto privado”,   lamentou o edil popular quen considera que “non é bo que se ralenticen tanto os trámites pois estamos a perder oportunidades”. “O dato da última EPA é revelador: Pontevedra é a cidade coa taxa de paro máis alta de Galicia”, lembrou Moreira, “non é casualidade, é o reflexo das políticas do BNG de Lores: moito populismo e pouca xestión”, sentenciou o edil popular quen espera que no que resta de mandato se enderece esta situación.

    Emenda Grupo Municipal – Redución IBI.

    Tamén este martes, os populares presentaron unha emenda á moción conxunta sobre o IBI. “A proposta presentada parécenos adecuada”, apuntan, “pero cremos que debería ser máis ambiciosa”. Por este motivo, solicitan engadir un terceiro punto co que insta á Xunta de Goberno a promover a redución dun 10% do Imposto sobre Bens Inmobles.