Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP felicita á Plataforma de Afectados da Caeira tras a rectificación do Bipartito

    • Os populares agradecen a «actitude construtiva» dos afectados e felicitan aos veciños pola súa capacidade de mobilización «que obrigou a recuar ao goberno».
    • A concelleira Rocío Cochón recorda que o PP sempre supeditou calquera cambio na circulación ao acordo dos afectados e reivindicou a necesidade de humanizar A Caeira «e todo San Salvador».

     

    Poio, 31 de xaneiro de 2018. A concelleira do PP de Poio, Rocío Cochón, felicitou publicamente á Plataforma de Afectados da Caeira despois de que o Bipartito rectificase na súa intención de impoñer a dirección única nas rúas Pernas Peña e Mato Calderón «grazas á mobilización dos veciños e á actitude dialogante e construtiva da Plataforma».

    Cochón agradeceu aos integrantes da plataforma a súa disposición ao diálogo, e subliñou que a asociación «ofreceu propostas e alternativas viables e respaldadas polos veciños», fronte a un goberno local que intentou ata o último momento «a imposición e o “ordeno e mando”».

    Ademais, a popular felicitou ao colectivo pola súa capacidade de mobilización, despois de que en apenas un mes obtivesen máis de 1.600 sinaturas contrarias á supresión dun carril no acceso á Caeira e da celebración de varias asembleas moi concorridas. Para Cochón, o éxito da Plataforma demostra que «non se pode gobernar de costas aos veciños», e lamentou os repetidos anuncios de membros do goberno de que  pensaban seguir adiante pese á oposición veciñal, unha actitude «chulesca» do Bipartito que ao final tivo que recuar.

    A popular recordou que o PP leva anos reivindicando a humanización «non só da Caeira, senón de todo San Salvador», unha parroquia «abandonada polo Bipartito», pero que esa actuación tan necesaria non podía ser moeda de cambio ou obxecto de chantaxe por parte do equipo de Sobral: «Felicidades á plataforma, por tanto, polo éxito das súas reivindicacións e pola forma de presentalas».