Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Deputados e senadores poñen en valor as políticas de emprego do Goberno Central “na nosa provincia recuperáronse máis de 34.400 empregos destruídos durante a crise”

     

    Pontevedra, 30 de xaneiro de 2018.-  A deputada nacional, Pilar Rojo, sinala que na provincia de Pontevedra créanse 27 empregos ao día e que as pensións se revalorizaron  un 17,0%. Destaca ademais que “no último ano incrementáronse o número de ocupados en 10.177 persoas e mentres no peor momento da crise a contratación indefinida se reducía a un ritmo do 41,7% anual en xuño de 2017 estaba situada nun 13,1%.

    Así o explica xunto cos demais e senadores do PP de Pontevedra valorando positivamente as políticas de emprego impulsadas polo Partido Popular desde o Goberno central que están supoñendo un “freo para o desemprego”.

    Os populares destacan así o crecemento positivo que se pode comprobar nos datos da Enquisa de Poboación Activa que publicou o Instituto Nacional de Estatística onde só no último ano o número de parados se reduciu en case 8.700 persoas na provincia de Pontevedra.

    “En decembro de 2011 o número de parados crecía a un ritmo do 9,8% anual, e nestes momentos redúcese nun -10,6%, de maneira que en Pontevedra xa hai 29.316 persoas paradas menos que en decembro de 2011”, explicaron.

    Destacan o papel “que xogan” os Orzamentos do Estado para seguir “nesta senda positiva”, pois “son o instrumento que dá estabilidade para articular as diferentes políticas”. Por este motivo, fan un chamamento “á responsabilidade” dos dous grupos da oposición, é dicir, ao Partido Socialista e á Cidadáns, xa que, engadiu, “non é posible facer un discurso de crecemento de emprego se logo adoptamos posicións políticas que van en contra disto. E é que, malia que o PP é o Partido que substenta o Goberno, o resto de forzas non están exentas desta reponsabilidade. Non son as contas do Partido Popular ou con Mariano Rajoy, son os Orzamentos de todos os cidadáns”.

    Os populares valoran ademais a suba na taxa da actividade pontevedresa que se sitúa nun 53,47% e 76.000 persoas.  Así mesmo destacan o incremento do número de ocupados que se situou no último ano en 10.177 persoas.  “Mentres en decembro de 2011 a nosa provincia ocupaba os primeiros postos na destrución de emprego a un ritmo do -4,3% anual agora créase emprego cunha taxa interanual do 3,1%, o que levou a recuperar máis de 34.400 empregos que foron destruídos durante a crise”.

    Aínda que os populares consideran que non é aínda o momento para triunfalismos, cren que hai determinados datos que nos indican que o Partido Popular está traballando na boa dirección e que hai datos moi positivos que se deben subliñar, un exemplo claro, a criterio dos deputados nacionais, é o desemprego xuvenil que na nosa provincia crecía en 2011 a un ritmo do 1,6% anual e agora se reduce ao 11,4%.

    Neste sentido indican que os máis novos son un colectivo prioritario para o Goberno Central, e destacaron que España crea emprego nesta franxa de idade a un ritmo tres veces superior á media da Eurozona.