Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP solicita o apoio de Pontevedra á Prisión Permanente Revisable

     “Pensen nas familias das vítimas, que solicitan que non se derrogue esta pena”, 

    • A través dunha moción que presentarán no vindeiro Pleno, os populares piden ao resto de grupos municipais que deixen a un lado a cor política e teñan en conta o sentir da maioría da poboación.
    • Jose Luis Martín lembra que “se trata dunha pena proporcionada á gravidade do crime cometido” e que “en ningún caso significa cadea perpetúa”.
    • “É unha ferramenta destinada a que os peores asasinos non volvan dana á sociedade”.

     

    Pontevedra 31, xaneiro, 2018.- O Grupo Popular pedirá o apoio do Concello de Pontevedra na defensa da Prisión Permanente Revisable. Así, a través dunha moción que se debaterá no vindeiro Pleno, os populares piden ao resto de grupos políticos que “non pensen tanto na cor política e si máis no sentir maioritario da sociedade”, pois “un 80% da poboación está a favor de que se manteña esta pena en vigor”, salientou este mércores o concelleiro popular, Jose Luis Martín.

    “Trátase dunha pena proporcionada á gravidade do crime cometido e en ningún caso se está a falar de cadea perpetúa ou definitiva, senón que dita pena será revisada por un tribunal colexiado, abrindo a posibilidade de que o penado poida obter a liberdade, sempre que se acrediten garantías de que non cometerá novos actos delitivos”, sinalou Martín, “é unha ferramenta destinada a que os peores asasinos non poidan volver a danar á sociedade".

    Neste sentido, o edil popular lembrou casos como o do parricida de Moraña ou a recente detención do presunto asasino de Diana Quer, que estremeceron a toda a sociedade en xeral, e aos veciños de Pontevedra en particular pola súa proximidade. “Con esta moción pedimos ao resto de grupos municipais que pensen nas familias das vítimas, que piden que non se derrogue a Prisión Permanente Revisable”, sentenció Jose Luis Martín.