Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP CELEBRA QUE POR FIN O CONCELLO VAIA MUDAR A HERBA SINTÉTICA DO CAMPO DE FÚTBOL, PERO NON ENTENDE PORQUE NON SE FIXO ANTES SE VAI A CARGO DO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN.

    • Parece que o que non conseguiu a presión dos país dos rapaces que están na Escola de Fútbol, as reiteradas peticións da Xunta Directiva ou as peticións destre grupo político, vaino conseguir a cercanía dunhas eleccións municipais que están poñendo moi nervioso a Andrés Díaz.
    • O Partido Popular non entende o retraso durante anos por parte do goberno municipal na realización desta obra tan necesaria, xa que se a mesma vai ir con cargo o plan de obras da Deputación, o chamado Plan Concellos que corresponde a todolos municipios, o Concello pudo incluilo nos anos 2016 ou 2017 e non o fixo, e non marear a perdiz durante case 3 anos dando excusas peregrinas para non facelo.

     

    Ponte Caldelas, 1 de febrero de 2017.- O Partido Popular de Ponte Caldelas celebra que por fin o Concello vaia mudar a herba sintética do campo de fútbol, pero non entende porque non se fixo antes se vai a cargo do Plan Concellos da Deputación.

    O Partido Popular entende que o cambio do césped artificial do campo de fútbol de Chan da Barcia é unha prioridade para Ponte Caldelas e a súa escola de fútbol, na cal participan mais de 130 rapaces de tolas idades, chegando a presentar unha moción no pleno de novembro de 2015 instando o Concello a levar a proceder o cambio do tapete de xogo que foi rexeitada polo tripartito, solicitando en agosto de 2017 a inclusión desta obra no plan de obras singulares da Deputación ou interpelando o tripartito sobre esta cuestión en reiteradas ocasións.

    O Partido Popular non entende o retraso durante anos por parte do goberno municipal na realización desta obra tan necesaria, xa que se a mesma vai ir con cargo o plan de obras da Deputación, o chamado Plan Concellos que corresponde a todolos municipios, o Concello pudo incluilo nos anos 2016 ou 2017 e non o fixo, e non marear a perdiz durante case 3 anos dando excusas peregrinas para non facelo.

    Parece que o que non conseguiu a presión dos país dos rapaces que están na Escola de Fútbol, as reiteradas peticións da Xunta Directiva ou as peticións destre grupo político, vaino conseguir a cercanía dunhas eleccións municipais que están poñendo moi nervioso a Andrés Díaz.