Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP denuncia que a Deputación de Pontevedra non está a cumprir a Lei de Administración Electrónica

    • A deputada Belén Villar, solicita ao Goberno Provincial que poñan este servizo en funcionamento de maneira inmediata.
    • Os populares consideran lamentable que “a Deputación non só incumpre a lei, é que ademais non ofrece o servizo aos cidadáns“, como é a súa obriga mentres á presidenta, Carmela Silva, non lle dá vergonza falar de transparencia.

     

    Pontevedra, 3 de febreiro de 2018.- A deputada provincial do Partido Popular, Belén Villar, denuncia que a Deputación non ten implantado, tal e como a lei establece, a administración electrónica nos servizos da Deputación de Pontevedra, polo que solicita que a poñan en funcionamento de maneira inmediata para ofrecer aos cidadáns, como é a súa obriga, unha administración máis áxil e transparente.

    Desde outubro de 2016 a Deputación de Pontevedra, ao igual que as demais administracións públicas, ten a obriga de prestar aos cidadáns uns servizos que non se están prestando na actualidade. “Nin se están a practicar notificacións a través de medios electrónicos, como en moitos casos teñen a obriga legal de facer no caso de empresas ou asociacións, nin tampouco, por poñer outro exemplo, están traballando nas dependencias administativas cos expedientes en formato electrónico”, explica Villar.

    Unha situación “lamentable e vergonzosa” a criterio da deputada popular, pois “a Deputación debería dar exemplo e prestar aos cidadáns uns servizos que desde hai máis de un ano ten a obriga de facer por lei, ao igual que están facendo moitos concellos da provincia que a pesar das dificultades se esforzaron en cumprir a lexislación administiva”.

    Villar recordou que ademais da obriga por parte da Deputación de notificar electronicamente a persoas xurídicas como empresas ou outras entidades, a administración provincial tamén debe facilitar aos cidadáns a posibilidade de recibir notificacións de forma telematica, algo que se está a incumprir.

    A deputada subliñou que, nestes momentos, moitos concellos pequenos xa permiten aos seus cidadáns e traballadores facer todos os trámites electronicamente e acceder aos seus expedientes de forma telemática, co que se dá a paradoxa de que “un veciño ou un funcionario dun concello de menos de 5.000 habitantes pode facer xestións que non se poden facer coa Deputación e pode consultar ao momento a súa ».

    Villar recalcou que, ademais de incumprir a lei e non ofrecer aos cidadáns servizos aos que teñen dereito, outro obxectivo da administración electrónica –o aforro de custos- tampouco se está conseguindo: “A non implantación impide un aforro importante de gastos que ao final repercute en todos os veciños da provincia, polo que a incapacidade do Bipartito a adaptarse á lei tamén estalle a custar cartos aos cidadáns”.

    A deputada provincial salientou que a Deputación “leva máis de dous anos sen facer os deberes”, xa que, despois de que a lei fose aprobada en outubro de 2015, as administracións tiveron ata outubro de 2016 para adaptarse, algo que o Bipartito de Carmela Silva non fixo nin entón nin ata agora.

    Neste sentido a deputada popular considera, que se moitos concellos poden facelo, supoñendo en moitos casos un esforzo, no caso da Deputación de Pontevedra debería estar ofrecendo este servizo desde o principio e ser a primeira administración en modernizarse.  Debería darlles vergonza que haxa concellos máis modernizados  e eficientes que a propia Deputación, mentres a presidenta, Carmela Silva, non se cansa de falar de transparencia.

    “A implantación da administración electrónica garantiría un importante aforro para os cidadáns ademais de máis seguridade, máis transparencia e máis axilidade na súa relación coa administración”, explicou Villar, “é dicir, todo o contrario do que ofrece a Nova Deputación”