Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP nombra unha xestora en Ponte Caldelas que estará presidida por Francisco Regueira Regueira

    • A nova xestora será a encargada de guiar o partido ata a celebración das próximas eleccións municipais e axudar a buscar un candidato que represente o tecido económico, social e cultural do municipio, co obxectivo de recuperar a alcaldía en 2019.

     

    Pontevedra, 5 de febreiro de 2018.- A dirección do Partido Popular da provincia de Pontevedra deu a coñecer os nomes das persoas que integrarán a nova xestora de Ponte Caldelas, que estará presidida por Francisco Regueira Regueira.

    O órgano, que foi aprobado polo Comité de Dirección Provincial e que será refrendado na próxima reunión do Comité Executivo, será o encargado de guiar o partido ata a celebración das próximas municipais e axudar a buscar un candidato que represente ao tecido económico, social e cultural do municipio, co obxectivo de recuperar a alcaldía en 2019.

    Ademais do ex tenente de alcalde, Francisco Regueira, como presidente, a xestora estará formada polos integrantes do grupo municipal popular. Ricardo Manuel Castro Martínez desenvolverá as funcións de secretario e os vogais serán: Inés Sánchez, Jesús Rosón, Martina Freire, Javier Sánchez e Elsa Ares.

    A nova xestora terá como tarefa inmediata manter contacto cos distintos colectivos e entidades sociais co fin de consensuar co sentir da cidadanía o nome do candidato que pode concitar o maior número de apoios posibles para conformar unha lista encargada de presentar unha alternativa real e con garantías para recuperar a Alcaldía para o Partido Popular. Estas xuntanzas, que comezarán polos afiliados de base do partido para coñecer a súa opinión, serán multisectoriais e irán orientadas a captar o maior número posible de sensibilidades e persoas de cara a crear desde a base e a cidadanía unha candidatura sólida e solvente. 

    Desde a dirección provincial amósanse satisfeitos e agradecidos de que se conforme un equipo de traballo liderado por unha persoa, como Francisco Regueira, con experiencia e con prestixio social e que sempre tivo un posto relevante durante a xestión do anterior goberno do Partido Popular, ademais dos concelleiros actuais, que son os mellores coñecedores das problemáticas do actual goberno.

    “Temos por diante máis de un ano para demostrar que somos a única alternativa posible, un goberno do PP que volva a poñer Ponte Caldelas na senda do progreso” sinalou o presidente provincial, Alfonso Rueda, quen se amosa convencido de que os populares serán capaces de trasladar ás eleccións municipais de 2019 os bos resultados colleitados pola súa formación nos comicios xerais e autonómicos, nos que o PP acadou un apoio de case o 52%.