Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O Congreso do PP do Rosal celebrarase o 24 de febreiro

    • A Comisión Organizadora do Congreso fórmana María del Carmen Alonso Alonso, Charo Tabales Perozo e Ángel Martínez Villa.
    • Todos os afiliados do PP do Rosal que aspiren á presidencia do partido terán ata o 12 de febreiro para presentar por escrito a súa intención de presentarse.
    • As candidaturas deberán ir acompañadas por un mínimo de 30 avais e o prazo para a súa presentación remata o 22 de febreiro.   

     

    Pontevedra, 5 de febreiro de 2018.- O Comité Executivo do Partido Popular da provincia de Pontevedra deu luz verde á celebración, o próximo 24 de febreiro do III Congreso Local do Rosal, no que terán dereito a voto os case 150 afiliados do partido.    

    A Directiva provincial aprobou ademais o Regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso así como os membros que forman parte da Comisión Organizadora: María del Carmen Alonso Alonso, Charo Tabales Perozo e Ángel Martínez Villa. Esta Comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do Congreso ata que comece a celebración do mesmo, que asumirá esas competencias a Mesa do Congreso.

    Todos os afiliados do PP do Rosal que aspiren á presidencia do partido terán ata o 12 de febreiro para presentar por escrito a súa precandidatura ante a Comisión Organizadora e poder ter así acceso ademais á documentación relativa ao Congreso.

    A candidatura deberá ir acompañada por un mínimo de 30 avais, no modelo aprobado ao efecto pola Comisión. O prazo para a presentación de avais remata o 22 de febreiro.  

    Tanto para ser candidato como para poder avalar ou votar no Congreso será necesario, tal e como recollen os estatutos do partido, figurar inscrito no censo de afiliados.