Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Para o grupo provincial do PP os ataques de Carmela Silva á oposición son froito do seu nervisismo

     

    • O goberno provincial "pretende desviar a atención do problema que realmente temos" co Parque de Maquinarias, sinala Nidia Arévalo.
    • O “nerviosismo” de Carmela Silva “está presente diariamente na súa actitude, na súa axenda, na súa xestión... porque problemas xudiciais abondan neste grupo socialista”.
    • “Eu pregunto se teñen memoria, porque eu recordo como paseaban a César Mera nun cadaleito pola capital da provincia. E xa o señor Mosquera andaba na vida provincial, e que eu saiba nunca criticou o que facían”, criticou José Crespo.

     

    Pontevedra, 30 de maio de 2016.- O grupo provincial do PP sinala que os ataques de Carmela Silva á oposición son froito do seu nerviosismo.  “Non hai un pleno tranquilo nesta casa, a cidadanía debería comezar a preguntarse si esta señora está preparada para xestionar esta casa, se ten cintura política, e si é capaz de levar a xestión da Deputación de Pontevedra nas circunstancias nas que se atopa”, valorou a voceira do grupo popular Nidia Arévalo, que sinala que o “nerviosismo” de Carmela Silva “está presente diariamente na súa actitude, na súa axenda, na súa xestión... porque problemas xudiciais abondan neste grupo socialista”. Como exemplo, referiuse ao pleno desta mañá en Vigo, no que a voceira do PP local pediu explicacións sobre os casos de enchufismo da cuñada de Carmela Silva, e a presidenta da Deputación e o alcalde se retiraron do pleno.

    Nunha rolda de prensa na que Nidia Arévalo compareceu en compañía de todos os deputados provinciais do PP, incidiu en que non hai que esquecer que o Parque de Maquinaria é o problema de fondo e que os traballadores seguen en folga, xa que o goberno provincial “pretende desviar a atención do problema que realmente temos”.

    Asemade, dixo que “despois dos insultos e dos delitos dos que nos acusan”, o grupo provincial do PP reuniuse cos servizos xurídicos para sopesar presentar unha querella nos próximos días contra Carmela Silva e César Mosquera. “Non se nos pode chamar gratuitamente mafia siciliana, sector jarrai nin kale borroka, nin un montón de cuestións que puxeron na súa voz no pleno, despois do pleno, e incluso o día antes”, engadiu.

    “É moi grave o que se leva dito deste grupo e deste partido”, sinalou, e criticou que mentres o PP sempre foi respectuoso, sempre condenou todo o que debía, PSOE e BNG fan o contrario, e apuntan á voceira e ao grupo popular para acusalos do acontecido. “Tomaremos as medidas que haxa que tomar porque este grupo non consentirá nin un insulto, nin unha inxuria ou unha calumnia, porque estamos a facer o noso traballo porque para iso nos votaron os cidadáns desta provincia”, engadiu.

    Tamén se referiu a voceira dos populares a que “a prepotencia coa que levan meses empeza a cambiar”, e referiuse ao “batacazo grande que levaron Carmela Silva e de Abel Caballero” cos resultados das primarias no PSOE galego.

    Pola súa parte, o deputado José Crespo dixo estar “alucinando” co que pasa na Deputación de Pontevedra. “Nós defendemos o que entendemos que debemos defender, e esta forma tan particular de tratar á oposición nunca se viu nunha institución democrática”, valorou. “Ten que haber un respecto pola oposición e polas persoas que non está habendo”, dixo, e denunciou que non saben encaixar as críticas.

    “Eu pregunto se teñen memoria, sobre todo o señor Mosquera, porque eu recordo como paseaban a César Mera nun cadaleito pola capital da provincia. E xa o señor Mosquera andaba na vida provincial, e que eu saiba nunca criticou o que facían. E agora cando lle aplican a eles a súa propia medicina, bótanse a nós. Que negocien cos traballadores e que negocien cos sindicatos, que é o que eles nos dicían a nós”, valorou.

    “Parécenos mezquino que se ataque a unha persoa e se intente desacreditala para separar a un equipo”, criticou o deputado, que sinalou que cando a voceira cumpre coa súa labor, e defende as ideas do grupo, “intentan desprestixiar á voceira incluso a nivel persoal”.