Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP ESIXE QUE SE RESPECTE A PERIODICIDADE DAS SESIÓNS ORDINARIAS ACORDADAS

    • O último pleno ordinario celebrouse en novembro de 2017
    • A periodicidade mensual dos plenos foi fixada por acordo plenario a proposta da Alcaldía, e por tanto Eva García, é coñecedora de do incumprimento da súa obriga legal de convocar sesións ordinarias cada mes

      

    O Porriño, 6 de febreiro de 2018.- O grupo municipal do Partido Popular reclama unha vez máis á Alcaldesa do Porriño que cumpra a legalidade e respecte a periodicidade das sesións plenarias. Dende o inicio desta lexislatura os plenos ordinarios foron distanciados no tempo, pese ao acordo alcanzado ao comezo de mandato para o funcionamento do consistorio.

    Non é a primeira ocasión en que os populares reclaman á rexedora que cumpra coa súa obriga, o pasado mes de abril este grupo denunciaba que se estaba a incumprir de maneira continuada a convocatoria das sesións ordinarias, e pasado case un ano da súa reclamación a situación en nada mudou.

    Dende o pasado mes de novembro, concretamente o día 22, a rexedora non convoca a sesión ordinaria do pleno, celebrando no seu lugar en moitas ocasións sesións extraordinarias e urxentes, impedindo así que a oposición poida presentar as súas propostas, evitando render contas da súa xestión e vulnerando o dereito do resto dos grupos á súa participación político-administrativa, en definitiva, amordazando o labor dos grupos da oposición.

    Lembramos que a periodicidade mensual dos plenos foi fixada por acordo plenario a proposta da Alcaldía, e por tanto Eva García, é coñecedora de do incumplimento da súa obriga legal de convocar sesións ordinarias cada mes.

    Os populares insisten en que a falta de asuntos propostos polo Goberno non sería escusa para convocar a sesión e render contas sobre a súa xestión, ou sobre a ausencia da mesma, ante o resto dos grupos municipais e ante a cidadanía do Porriño. Cos orzamentos pendentes de tratar en pleno, non hai excusa algunha para non escoitar á corporación. Con tal motivo, dende o Partido Popular do Porriño solicitan o o respecto á legalidade e a convocatoria en tempo e forma as sesións plenarias ordinarias.