Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Moldes critica a incoherencia de Silva coa comarcalización e pídelle que non boicotee aos concellos pequenos

    • “Está perdida neste tema e non sabe como xustificar a súa confrontación coa Xunta de Galicia xa que tódolos partidos están secundando a proposta”
    • “O resto das deputacións está defendendo aos concellos da contorna das grandes cidades; a de Pontevedra adícase a poñer trabas ao proceso”. 

     

    Pontevedra, 9 de febreiro de 2018.- O portavoz do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, Ángelo Moldes, reclamou hoxe á presidenta da Deputación, Carmela Silva, que abandone a súa incoherencia e se suba ao barco da comarcalización impulsado pola Xunta de Galicia e apoiado polo resto das deputación provinciais e pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). “Non é lóxico que a Deputación de Pontevedra rexeite en pleno a comarcalización e que logo se queixe de que se avance antes noutras provincias que si respaldaron o proceso”, sinalou Moldes

    O portavoz popular destacou o nerviosismo de Silva ante a súa posición illada. “Está perdida neste tema e non sabe como xustificar a súa confrontación coa Xunta, xa que tódolos partidos e tódalas administracións secundan a proposta. Todos excepto ela”.

    “A foto da semana pasada, co alcalde de Santiago, o presidente da Deputación da Coruña e o vicepresidente da Xunta foi moi reveladora de todo o que está pasando. Todos xuntos remando para mellorar as emerxencias de Galicia. O bipartito do PSOE e BNG na Deputación, a Marea de Santiago e o PP na Xunta. Para ser todo fume, como di Carmela Silva, é un fume que atopa aliados en todas partes”.

    Para Moldes a consecuencia desta política de confrontación é que a Deputación de Pontevedra está boicoteando aos concellos pequenos da contorna das grandes cidades. “O resto das deputacións está defendendo a ese concellos pequenos, porque é a súa primeira obriga. É algo que se adoita esquecer nesta Deputación, que antepón outros intereses antes que aqueles para o que está concibida. A Deputación de Pontevedra só se adica a poñer trabas ao proceso”. 

    “Que dirá Carmela Silva cando chegue esa reunión coa Xunta de Galicia e con Vigo e Pontevedra, cando o mesmo proceso que se está a seguir no resto de Galicia chegue á Deputación de Pontevedra, a única que rexeita este modelo? Cal será a súa excusa entón?”, preguntouse Moldes.

    “Ir en contra dun modelo aceptado por todo o mundo, que inclúe a comarcalización e a creación de tres novos servizos nesta provincia, é ir contra os veciños e contra os concellos unicamente por un interese partidista que non comparte nin sequera o resto do seu partido. O problema é que aceptar este modelo de emerxencias que mellora os tempos de resposta e o fai dun xeito rápido e eficiente, aproveitando os recursos que xa están dispoñibles, implica abandonar a política de confrontación que seguen Silva e Abel Caballero de forma sistemática na busca de réditos electorais; unha política que a quen prexudica realmente é os habitantes da provincia”, sinalou o portavoz popular.

    Para Moldes resulta paradóxico que a Deputación encargase un estudo para analizar a proposta da Xunta cando Carmela Silva di que esa proposta non existe. “Debe de ser que van analizar a nada. Non sabe nin como opoñerse”, finalizou o portavoz popular.