Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Carta dirixida ao señor César Mosquera, vicepresidente da Deputación de Pontevedra.

    Señor Mosquera:

    Contéstolle á carta que vostede me remitiu onte, anunciada antes nos medios de comunicación cunha intensidade que facía presaxiar algo mellor que o feixe de descalificacións e saídas de ton que logo resultou ser. Xa lle adianto que ese é o seu estilo, e non o meu; polo tanto non espere o mesmo.

    Benvido, eso si, señor Mosquera, á preocupación polo acoso e as ameazas que tiveron e teñen que sufrir os políticos. Lástima que, mentres eran os representantes do Partido Popular os que as soportaban, vostede non tivera nunca unha palabra ou xesto de solidariedade con eles;  máis ben todo o contrario.

    Respecto aos feitos concretos que me relata sobre os traballadores do parque de maquinaria da Deputación, dicirlle en primeiro lugar -xa me gustaría que fora á recíproca- que condeno rotundamente calquera intento de coacción ou ameaza para conseguir calquera fin, por moi lexítimo ou xustificado que puidera parecer, e sexa contra quen sexa.

    Descoñezo en profundidade este asunto, e desde logo non coñezo aos protagonistas do mesmo. O que si podo dicirlle, en cambio, porque mo transmiten moitos alcaldes e responsables municipais, que xamais se coñeceu unha parálise nas obras provinciais como a que está tendo lugar agora, con centos de pistas sen reparar e centos de cunetas sen desbrozar, a pesar de estar a punto de comezar a época de incendios.

    Quizais vostede crea que isto se soluciona con bronca política e botándolle a culpa aos demais, pero se me permite un consello –que xa sei que non- eu diríalle que se sente coa presidenta da Deputación, que se centre, e se poñan –dunha vez- a gobernar, mais aló de incertos e carísimos proxectos que ata o de agora só serviron para que vostede se fixera propaganda.

    Non se obsesione co Partido Popular, que está facendo - e ben- o seu traballo na oposición, a pesar de ter gañado as eleccións.

    Conte co Partido Popular para traballar conxuntamente e en positivo. Todo o demais é perder o tempo en ocorrencias que serven para crispar pero que non lle solucionan os problemas á xente; como para iso xa se bastan vostedes de sobra, non conten comigo nin co meu partido.

    Atentamente,

    Alfonso Rueda.

    Presidente Provincial do PP de Pontevedra