Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DE SALCEDA AGARDA QUE O ALCALDE EXPLIQUE ÓS VECIÑOS PORQUÉ AGOCHOU OS RESULTADOS DAS ANALÍTICAS SOBRE A MALA CALIDADE DA AUGA

    • Davila acusa a Besada de escapar da realidade sobre a mala calidade da auga para consumo humano

     

    Xoves 21 de febreiro de 2018. Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, recrimina ó actual alcalde, Marcos Besada de demostrar absoluta irresponsabilidade nun tema tan grave como éste.

    O pasado 7 de febreiro de 2018 saliu á luz un informe recente sobre a calidade da auga do Concello de Salceda, que Santi Davila calificou como “demoledor”,  “esta analítica do abastecemento da auga de consumo humano, con data 11 de decembro de 2017 demostra que auga que beberon, cociñaron e se lavaron os salcedenses roza os límites de non potabilidade, posto que, a partir de 200ug/l de ferro, a auga comeza a ser de mala calidade, e neste caso, o documento sinala que Salceda se encontra nun valor de 510ug/l. “ manifesta Davila.

    Dous meses despois, o Alcade non só agochou os resultados destas analíticas, senon que non alertou os cidadáns do perigo do seu consumo, xogando coa saúde de todos os veciños, incluso dos máis pequenos.

    Unha vez máis, o Goberno de Salceda manifesta o abandono hacia os cidadáns, e hacia o municipio, “xa que se nega a colocar, como os Populares lle pedimos, unha nova mangueira de abastecemento da auga nas rúas Rafael Tilve Adrio e Coruña pese o seu deterioro”, dando a coñecer unha proba máis de que o Alcalde goberna de costas ós veciños.

    Ante a gravidade da situación, o Grupo Municipal Popular solicita de inmediato explicacións sobre o asunto e as analíticas correspondentes aos últimos meses para verificar a potabilidade da auga para o seu consumo.