Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Continua o caos coa xestión da Compostaxe

     A instalación do composteiro de Eduardo Pondal non está amparado por ningún contrato,

    • As 300 unidades modulares adquiridas polo Concello de Pontevedra para os barrios de Monteporreiro e Campolongo non poden destinarse a outras zonas da cidade.
    • Para poder facelo, previamente “o Goberno de Lores debe  facer unha modificación do contrato de subministro e un novo concurso de obra civil”.

     

    Pontevedra 21, febreiro, 2018.- A falta de planificación e coordinación do Goberno de Lores na implantación da compostaxe no noso municipio continúa inmersa nun auténtico caos. Este mércores os populares desvelaron que as unidades modulares adquiridas polo Concello de Pontevedra para a súa instalación no barrio de Monteporreiro e Campolongo non poden destinarse a outras zonas da cidade. Esta cuestión provoca que a decisión de instalar un composteiro comunitario na zona de Eduardo Pondal non conte co preceptivo contrato que o ampare.

    O concelleiro popular, César Abal, lembra que “o contrato para a adquisición das unidades modulares, así como a obra civil, da que nun primeiro momento se esquecera o Goberno do BNG e que provocou un atraso de ata 10 meses en todo o proceso, fíxose para os barrios de Monteporreiro e Campolongo”, polo que “se o Goberno de Lores quere dispoñer dalgunha destas unidades modulares o legal sería modificar o actual contrato de subministro e realizar un novo concurso de obra civil para outras zonas de Pontevedra”, apuntou o edil popular.

    “Ten que poñerse fin a este tipo de atallos e cacicadas”, manifestou Abal, quen insisten en que “tratar de pasar un composteiro comunitario na zona de Eduardo Pondal dentro do programa previsto para Monteporreiro e Campolongo non é o máis apropiado”. E neste sentido lembra que “o propio Estudo de Residuos de Pontevedra, elaborado pola Deputación provincial no marco do Plan Revitaliza, co que se definen as liñas de actuación dentro do noso municipio recolle a delimitación do barrio de Campolongo  definido por: Avenida de Vigo, Fernández Ladreda, Alfonso X El Sabio, Travesía de Luis Braille, Eduardo Blanco Amor, Xeneral Rubín, Augusto González Besada, Praza de Galicia e Andrés Mellado. Así, tras comprobar que “non figura nesta delimitación nin a rúa Eduardo Pondal, nin O Gorgullón, amparar a instalación deste composteiro comunitario nun contrato que non lle corresponde é unha tomadura de pelo”, apuntou o concelleiro popular.

    “Esta é unha demostración máis de que tras 20 anos no goberno, Lores pensa que pode saltarse libremente os procedementos regrados”, lamentou Abal. Ante esta situación, dende a formación que encabeza Jacobo Moreira solicitan, unha vez máis, a o Goberno de Lores que “reflexionen” e que “comecen de cero a implantación da compostaxe no noso municipio e deixe de tirar cara adiante. Cos cartos públicos non caben atallos nin cacicadas”.