Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP solicita o contrato asinado coa empresa encargada de valorar as ofertas do contrato da auga

     Tras comprobar que a Mesa de Contratación non acordou encargar este documento a unha empresa privada,

    • Deste xeito a formación popular quere coñecer os detalles da contratación a dedo á empresa Lagares Oca S.L..
    • Lembran que “esta viciado de inicio todo o procedemento” dado que no informe asinado se fixo constar falsamente que fora a Mesa de Contratación quen encargara ese informe á empresa citada.
    • Reiteran o seu rexeitamento a que sexa unha empresa privada a que valore as ofertas presentadas para o contrato economicamente máis importante do Concello de Pontevedra, 213 millóns de euros.

     

    Pontevedra 22, febreiro, 2018.- Os populares solicitaron hoxe por escrito o contrato asinado polo Goberno de Lores coa empresa á que se lle encargou a elaboración do informe sobre as ofertas presentadas no procedemento aberto para a xestión do servizo público de abastecemento de auga e saneamento do Concello de Pontevedra.

    Dado que esta empresa privada non foi designada pola Mesa de Contratación, como falsamente se fixo constar no informe, a formación popular quere lograr así “coñecer os detalles e motivos polos que o Goberno nacionalista elixiu a dedo a esta empresa”, apuntou o portavoz dos populares, Jacobo Moreira.

    Dende un primeiro momento, os populares advertiron da falsedade que contemplaba o informe ao afirmar que a Mesa de Contratación lle encomendara a elaboración do informe de valoración de ofertas. “Non se trata dun erro menor, senón que vicia de inicio todo o procedemento”, insistiu Jacobo Moreira, “non se pode tomar con tan pouca seriedade o  contrato máis importante economicamente para Pontevedra”.

    Con todo, dende a formación popular reiteran que “non imos a aceptar ningún informe elaborado por unha empresa privada”, pois ante un contrato que podería acadar os 213 millóns de euros,  “deben ser os técnicos municipais os que se encarguen de valorar as distintas ofertas presentadas, máxime cando no documento presentado se atoparon numerosos erros como unha puntuación superior a estipulada no propio prego”, sentenciou Jacobo Moreira, engadindo: “Xa estamos ante a privatización dun servizo público. O que non ten sentido é que tamén se privatice o procedemento de elección da empresa adxudicataria”